miércoles, 19 de abril de 2023

   ESPARTA E O PASO DAS TERMÓPILAS  


(1º ESO)

Penúltima entrada do curso 2022-23. A fins de xullo do ano 480 a. C. os gregos, liderados polos espartanos, bloquearon o Paso das Termópilas durante unha semana impedindo o avance dos persas desde Macedonia cara o sur para facerse con toda a Grecia Europea. Aquela batalla, aínda que perdida polos gregos, supuxo que éstos gañaran un tempo vital para organizarse internamente co obxecto de facer fronte aos persas e gañar á postre aquelas Guerras Médicas. Nesta sexta entrada do blogue brindámoche un audiodocumental de 28 minutos de duración extraído da sección "Pasaxes da Histonia" do programa "A Rosa dos Ventos", dirixido por Juan Antonio Cebrián -finado en 2007-, que che achega á filosofía do exército espartano e este episodio da Termópilas. Para escoitalo pincha no seguinte enlace e terás acceso directo ao audio. Tamén, se queres, podes baixalo e levalo ao teu MP3 ou equipo reproductor de son e escoitalo de xeito máis cómodo.







Logo da audición realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ESPARTA E O PASO DAS TERMÓPILAS. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o xoves 27 de abril.


Fotograma da pelíucla "300" que recrea a batalla das Termópilas
ACTIVIDADE Nº 1.- DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co audio: 
1. A que anos empezaba a formación militar dun espartano e ata que anos duraba? Unha vez remata esa formación: ata que anos debían servir no exército? 
2. Que destiño agardaba aos rapaces espartanos qu discapacitados ou a todos aqueles que non superaban a formación militar? 
3. Que eran as chamadas "critias" espartanas? E quen eran os ilotas? E os hoplitas? 


Mapa de Grecia onde se reprexa as Termópilas
4. Na batalla das Temópilas: que reis dirixen respectivamente ao exército espartano e persa? 
5. As Termópilas era un angosto paso cara o sur. Que ancho apunta o audio tiña aquel paso na sua parte máis estreita? 
6. Segundo o audio, no referente aos persas: cantos soldados integraban o seu exército? Que nome recíbía a tropa de élite que rodeaba ao seu rei?  E que antigo rei espartano o asesoraba? 
8. En canto aos gregos: Cantos quedaron ao final para defender o Paso das Termópilas? Con respecto aos espartanos: que condición aplicou o rei aos que elexíu para quedar alí con él a defender aquel paso das Termópilas? 

Monumento na Termópilas na actualidade
ACTIVIDADE Nº 2.- Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións (explicando, no caso de ser falsas, o razón)
1. Gracias a un lugareño ao que lle pagaron cun bolsa de moedas os persas descubrion un sendeiro a través do monte Hoetas para atacar a retagarda gregas. 
2. Os espartanos non se podían casar ata os 25 anos. 
3. Nas Termópilas existe hoxe un monumento onde reza a seguinte frase: "estranxeiro, vaitE a Esparta de dilles que aqui xacemos por cumprir a suas leis". 
4. Esparta tiña cmo modelo de goberno un diarquía. 
5. No ataque á desesperada que ordenou Leónidas, foron morrendo os seus soldados e el foi o úlitmo en cair. 

ACTIVIDADE Nº 3.- Investiga.- 
Cartel da película "300"
1. Unha das últimas películas que recrea esta pasaxe histórico foi "300" de Zack Snyder (2006). Nela cóntase que 300 espartanos defenderon o Paso das Temópilas. Na realidade, e despois de escoitar o audio: pensas que es título responde a realidade do que aconteceu? 
2. No audio tamén se menciona aque logro do saldado Filípides que percorreu a distancia entre a chaira de Maratón e Atenas para comunicar a victoria grega sobre os exércitos persas do rei Darío. Que distancia exacta percorreu Filípides dando orixe co tempo á especialidade de maratón dentro do atletismo?