3. A REPÚBLICA (1792-99).-
Francia proclamara
por primeira vez na súa historia unha república, un modelo sen rei.
3.1. A República democrática: A Convención
(1792-95).-.
A nova asemblea
republicana foi elexida por sufraxio universal e recibiu o nome de Convención. Nun primeiro momento esa
Convención estivo controlada polos xirondinos
(de setembro de 1792 a
xuño de 1793). Foi nesta etapa cando se levou a cabo o xuizo contra o Luis XVI
que, acusado de traizón, foi condeado a morte e executado na guillotina en xaneiro
de 1793. Meses despois tamén foi executada a súa muller, Mª Antonieta.
A execución do rei
provocou unha reacción en Europa. Varios países coaligáronse e uníronse a Austria na invasión de Francia. No interior, as revoltas contrarre-volucionarias
multiplicáronse. A revolución estaba máis que nunca en perigo.
Así, en xuño de 1793 os xacobinos (liderados por Robespierre,
Danton, Marat, Saint-Just), fixéronse co poder dentro da Convención. De seguido
impulsaron unha serie de reformas
radicais co obxecto de salvar a revolución. Entre esas reformas destacaron
as seguintes:
- Proclamouse
a Constitución de 1793, a cal establecía a república e o sufraxio universal.
- Decretaron
as levas en masa, isto é, o
reclutamento forzoso da poboación para crear un exército numeroso en condicións
de afrontar a guerra. Gracias a isto a guerra empezou a cambiar de sino.
- No
interior impulsaron a política do Terror,
pola cal se suspenderon as libertades e proclamáronse uns tribunais
revolucionarios especiais, que castigaba coa pena de morte aos sospeitosos de
ser contrarrevolucionarios. Os bens dos exectuados eran requisados e distribuidos
entre os indixentes.
- Requisáronse alimentos de primeira necesidade
para ser racionados e fixáronse prezos máximos de venda para eles.
Cos xacobinos a revolución foise radicalizando
ata o extremo de dexenerar nunha auténtica ditadura,
con Robespierre á fronte. O Terror
salpicou a moitos membros da Convención, chegando incluso ata os xacobinos máis
moderados que acabaron sendo tamén guillotinados (Danton), por terse atrevido a
criticar ao goberno ou a Robespierre
Isto provocou a oposición crecente da alta
burguesía e sectores moderados que se foron organizando para urdir un golpe de estado. Ese golpe triunfou en
xullo de 1794 e derruba ao goberno xacobino. Os principais líderes xacobinos
foron perseguidos e guillotinados (“Terror Branco”).
3.2. A República burguesa: O Directorio (1795-99).-
Tralo golpe de estado, a alta burguesía de
carácter conservador voltou a tomar o control do goberno. Abreuse así unha nova
etapa. Nela aprobouse unha nova constitución (Constitución de 1795) que
restablecía o sufraxio censatario e outorgaba o poder executivo a un órgano de
cinco membros, o cal recibe o nome de Directorio
(de aí o nome da etapa). Pola súa banda, o lexislativo pasaba a mans dun
parlamento bicameral (Consello dos Cincocentos e Consello de Anciáns).
Foi unha etapa intestable, de revoltas
internas, mentras se mantiña a guerra cos outros países. Naquel ambiente o
exército foi tomando cada vez maior protagonismo. Semellaba ser o único capaz
de manter a orde e soster ao goberno. Dentro daquel exército empezou a destacar
polas súas campañas vitoriosas sobre os inimigos un xoven xeneral: Napoleón Bonaparte. Apoiado pola
burguesía, Napoleón deu un golpe de estado en 1799 e fíxose co poder. El
dirixirá a política francesa durante os vindeiros quince anos, á vez que os
seus exércitos ocuparán media Europa creando un gran imperio.
4. A
FRANCIA NAPOLEÓNICA (1799-1814/15).-
Nun
primeiro momento Napoleón mantivo a república. Suprimiu o Directorio e no seu
lugar asumiu o goberno o Consulado, un organismo de tres persoas
(cónsules), onde el exercía como primeiro cónsul (sistema que mantén entre 1799
e 1804).
No
interior, promulga o Código Civil,
un compendio de leis que garantía os principios liberais. A maiores, chega a un
acordo co Papado para garantir o catolicismo
en Francia, e que o goberno comprometíase a soster economicamente ao clero
francés. Mentras, no exterior, Napoelón asina a paz con Austria e Inglaterra.
Todo iso contribúe á estabilidade do réxime.
En
1804 Napoleón proclama o Imperio (1804). Daquela fíxose coroar
emperador dos franceses na catedral de Nôtre Dame en París. En adiante, todo o
poder recaerá na súa persoa.
Daquela
inicia unha campaña de conquistas,
invadindo países e logrando alianzas con outros que se converten en satélites
de Francia, á par que impoñía nesos territorios sistemas con principios liberais.
Así derrota ao Imperio Austro-Húngaro
e Prusia no centro de Europa, ao
igual que a península itálica no sur. Mesmo tentou invasión de Inglaterra (foi primeiro derrotado na
batalla de Trafalgar), e logon decretou o bloqueo
continental das Illas Británicas, para tentar afogalas económicamente.
Asimesmo, en 1808 emprende a conquista de España,
e en 1812 suma a campaña de Rusia.
Daquela, Napoleón tiña boa parte de Europa no seu poder. Era o momento álxido
do seu imperio.
Pero
en España a conquista vaise transformando nunha longa guerra de liberación dos
españois (Guerra de Independencia),
que contará co apoio británico. Mentras, en Rusia, os exércitos napoleónicos chegan
a ocupar Moscova. Pero pronto evidencian o fracaso neste país. Rusia viñera
poñendo en práctica unha táctica de “terra
queimada”, mesmo facendo arder Moscova ante a chegada do exército francés.
O duro inverno do clima ruso fixo o resto. Sen apenas alimentos, e aterezido
polo rigor do inverno, os exércitos napoléonicos tiveron que emprender a
retirada. Daquela aparece o exército ruso para hostigar a retagarda das tropas
francesas, causando estragos nela. Dos 691.500 soldados franceses que partiran
para esta campañaa, só regresaron con vida 58.000.
Finalmente unha coalición
internacional derrotou aos exércitos napoleónicos na batalla de Leipzig (1814). Daquela, Napoleón foi
deposto e deportado á illa de Elba no Mediterráneo. Aínda así, logrou fugarse
e, alentado polos seus, retornou a París facéndose de novo co poder. Pero as
potencias extranxeiras, coaligadas outra vez, declararon a guerra a Francia, e
derrotaron definitivamente aos exércitos napoleónicos na batalla de Watterloo (1815). Napelón mantivérase
no poder nesa fase apenas 100 días. Confinado de novo, esta vez á illa
británica de Santa Elena, no Atlántico, Napoleón vivíu baixo vixiancia inglesa
ata a súa morte (1821).