domingo, 29 de octubre de 2023

"o nome da rosa"


Retrotraémonos a Idade Media de mans dun par de fragmentos da película "O nome da rosa", do director francés Jean-Jacques Annaud e protagonizada por Sean Connery. A película está baseada na novela do mesmo título, publicada nos anos 80 polo italiano Umberto Eco, e que se convertiu nun referente literario. Nela Guillermo de Basquerville (Sean Connery), e o seu pupilo Adso, chegan a una abadía onde se atopan cuns crimes aterradores que se suceden dentro desos muros, e que lle encargan investigar. Para velos pincha nos iconos de play.






Despois do visionado, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: O NOME DA ROSA"]. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o luns 6 de OUTUBRO. Ánimo...!!


ACTIVIDADE  Nº 1: Proba que estiveches atento.-

1.  En que lugar da abadía transcorren as escenas?

2.  Que labor realizan os monxes na primeira escena?

3.  O libro no que estaba a traballando o monxe morto: de que tipo era: histórico, bíblico, dramático, cómico ou sobre menciña?

4.  Que libro xenera a controversia entre Guillermo de Basquerville e o monxe Jorge, e quen era o seu autor? Cal era a posición de cada un ante ese libro?

5.  A biblioteca albergaba o único exemplar do polémico libro: de que argucia se servíu o monxe Jorge para facer que os demáis que accederan a ese libro pagaran un alto prezo? Cal era ese prezo?

6.  Que fai o propio Jorge, cando Guillermo de Basquerville descobre a existencia do libro?.


 

ACTIVIDADE  Nº 2: Aplica o traballado na aula.-

1.    Que estamento medieval é o protagonista desta película?

2.   Ademáis do labor visto: cal era a outra función desta orde no mundo do Medioevo?

3.    Que estamentos non aparecen nestas secuencias?

4.   Curiosidade: de que orde relixiosa era Guillermo de Basquerville?. Investigando sobre a orixe desa orde, deduce: a partir de que século podería encadrarse esta película?



O MINISTERIO DO TEMPO:

CAMBIO DE TEMPO (cap. 13)


Terceira entrada do blogue no curso (e última desta 1ª avaliación). Nesta viaxamos no tempo a segundo metade do s. XVI con Felipe II e súa Armada Invencible. Facémolo de mans da serie de televisión “EL MINISTERIO DEL TIEMPO” emitido durante varias tempadas en TVE e con este capítulo no ano 2016. Un ministerio secreto, inquietante, que vela porque, pese a ter o poder de viaxar no tempo, a Historia de España non se altere. Pero nesta ocasión, creo que si se alterou... E moito. Que tería pasado se a Armada Invencible conquistara Inglaterra? Xogamos coa imaxinación arredor deste acontemento histórico.
Para iso visiona o seguinte capítulo que che propoñemos, baixo o nome de “Cambio de tiempo”. Para velo pincha no seguinte enlace (Duración: 1 hora e 15 minutos).

 

 O MINISTERIO DO TEMPO: CAMBIO DE TEMPO


Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": “O MINISTERIO DO TEMPO (“CAMBIO DE TEMPO”). Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres  10 de novembro. Ánimo!!...



ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 

Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1.  Cal é a nova que recibe Felipe II nada máis empezar o capítulo?

2.  Que solución toma Felipe II para dispoñer dunha segunda oportunidade para invadir Inglaterra?

3.  De que lle informa o director do Ministerio do Tempo a Felipe II sobre o rei que actualmente reina en España e como chegou ao trono esta nova dinastía?

4.   Unha vez no futuro Felipe II atópase coa oposición do director do Ministerio. Como se salda a disputa entre ambos?

5. Que ocorre ao final do capítulo coa Historia? Como logran voltar a manter a Historia inalterable do pasado, tal e como ocurriu?


 

ACTIVIDADE Nº 2: Curiosidades.- 

1.   Cal é o nº da porta polo que as tropas de Felipe II acceden a 2016?

2.  Que artiluxios do futuro a onde viaxan sorprenden a Felipe II?

3. Nunha secuencia, na Historia alterada: que dous equipos xogan o partido de fútbol?

4. E que iso de Amalia que sorpende a Irene nunha das escenas íntimas entre ambas? Que teme que suceda se se descobre o acaecido entre ambas mulleres?

5.    Enumera aspectos que cambiaron no presente desa España de 2016 baixo Felipe II.

 

A chamada "Armada Invencible" navegando polo Atlántico

ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións.- 

a)    Felipe II sorpréndese de que zona que domina o mundo presente sexan os norteamericanos.

b)    Noutra das secuencias o rei asiste a unha corrida de toros nas Ventas en Madrid.

c)    O rei Felipe II mesmo aparece en televisión para emitir discursos.

d)   Este novo Felipe II aparece xa con nova imaxe acorde ao tempos actuais, isto en traxe e garavata.


ACTIVIDADE Nº 4: Investiga.- 

1. Por que razón quería invadir Felipe II Inglaterra?

2. De onde partiu a Armada Invencible?

2. Cantos barcos se calcula que integraban esa flota?

3. En que consistía o proxecto e onde tña prevista desembarcar?


 


miércoles, 25 de octubre de 2023

 2º GRAN RETO!!

@ALUMN@ DE 1º E.S.O. 

contra POSSUMBLUE



Terceira entrada do blogue en 1º de ESO no curso (última de primeria avaliación). Nela presentámosche un reto: vencer á nosa máquinta POSSUMBLUE I.A. esta vez sobre mapas. Para practicar pincha nun dos seguintes enlaces: 









Poderás retar á maquina a partir do vindeiro xoves 2 de novembrp. Para facelo terás que pasar unha criba de preguntas na aula, para clasificar e poder retar á máquina. Para vencer á maquina tes que superar o 90% de lanzamentos de situación. En xogo... PREMIO DOBLE: 

1) Blogue positivo: se cumples coas condicións esixidas 👈

2)Blogue doble positivo e sorteo entre os gañadores: SE CONSEGUES UN PLENO! 👈


 
ENTRENA!!


oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

E deixamos aquí os mapas físicos por continentes para ir repasando con vistas á 2ª avaliación (un repasiño cada fin de semana)



oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo


sábado, 7 de octubre de 2023

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

 Segunda entrada do curso 2023-24 en 4º de ESO. Nesta ocasión, está relacionada con tema nº 3 que estamos a traballar na aula: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Para iso propoñémosche visionar este vídeo de 9 minutos, que é unha selección de varias escenas da película "Daens" ambientada en Bélxica nos tempos da Revolución Industrial.


Logo de velo, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A REVOLUCIÓN INDUSTRIALEnmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o xoves 27 de outubro.


*************************

ACTIVIDADE Nº 1: DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Resposta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo: 

1. Que dúas novas clases sociais protagonizan este vídeo? Con que aspecto de Revolución Industrial estaría relacionado o vìdeo: coas causas ou coas consecuencias?

2. A que sector industrial estaba adicada a fábrica que protagoniza o vídeo? Cando o protagonista Adolf Daens, se dirixe a imprenta donde se imprimía un xornal, recoñece que na rúa lle ofreceron un xornal: de que ideoloxía? 

3. Que traballo facían os nenos nesa fábrica o por que os escollían a eles para facer ese traballo? 

4. Enumera aspectos que se aprecian no vídeo e que supoñen explotación do proletariado? 

5. Na xuntanza de burgueses: que dúas solucións se propoñen para aforrar costes nas fábricas? 

6. Que feito supón que, lideradas polas mulleres, os traballadores abandonases ese día a fábrica? 

 

ACTIVIDADE Nº 2.- En cifras:

1. Que sanción lle impón o capataz ao neno por tentar axudar a unha nena no seu traballo? 

2. Canto estaban pagando o salario, e a que prezo propoñía un burgués rebaixalo por día?  

3. En comparativa: canto costaba daquela un kg. de pan?  E un saco de carbón? 

 





*************************


NOTA.- SE QUERES VER A PELÍCULA COMPLETA EN CON MELLOR CALIDADE PINCHA NO SEGUINTE ENLACE:

 

"DAENS" (película completa)



viernes, 6 de octubre de 2023

AXENTES QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE

Segunda entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Aquí presentámosche tres curtos vídeos sobre o axente internos que modelan o relevo terrestre.


vídeo nº 1: "Lo imposible"

  


 

vídeo nº 2 




vídeo nº 3 



Logo de visionalos, rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: AXENTES INTERNOS QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE. Enmarca o título nun recadro e colorea ese recadro. Logo resolve as actividades que a continuación se prantexan. Para iso vaite copiando os enunciados, e respostando empregando na redación parte do enunciado. Para ser contabilizado o traballo, presenta estas actividades feitas o vindeiro xoves 19 de outubro, 

 

 



ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre os vídeos:

1. Cales dos axentes internos que modela o relevo terreste se amosa en cada vídeo?

2. O vídeo nº 1 fai referencia á película "Lo imposible", baseada en feitos reais. A pregunta é: onde estaba a familia cando os sorprende a chegada do tsunami?

3. Que elementos fai presaxiar aos protagonistas que algo extraño vai a acaecer desde o exterior?

4. O vídeo nº 2 amosa un tsunami real captado por un aficionado. Describe a escena. 

5, Que é o que causan os tsunamis?


ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga:

1. A película "Lo imposible": de que nacionalidade é? O feito real ao que se refire a película: cando e onde tivo lugar? Cando vítimas mortais ocasionou?

2. O tsunami do vídeo nº 2: onde e cando tivo lugar?

3. O volcán do vídeo nº 3: que nome recibe? Can e onde tivo lugar? (en que illa?). Canto tempo mantivo a súa actividade?



 

A BATALLA DO RÍO GUADALETE 


Segunda entrada do blogue neste curso. Nela traballamos o último tema abordado na aula: Al-Andalus. Para isto parámonos no capítulo de batalla do Ría Guadalete, na que os visigodos foron derrotados polos árabes, cando estos acaban de entrar na Península. Para iso presentamos esta vez un podcast, isto é un adio de radio narrado poolo locutor Juan Antonio Cebrián, na súa serie “Pasajes de la Historia”, dentro do programa radiofónico nocturno “La Rosa de los Vientos”. Para escoitalo pincha no enlace que figura abaixo. Podes baixalo e levalo ao teu teléfono ou reprodutor, para escoitalo con comodidade no sofá ou mesmo na cama, á vez que solucionas as actividades propostas.

 A BATALLA DO RÍO GUADALETE


Como sempre, fainas na libreta. Enmarca o título FORA DE CLASE: A BATALLA DO RÍO GUADALETE, e colorea o recadro. Logo copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de correción será o luns 16 de outubro.

 **************************

ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente as seguintes cuestións:

1.  O audio infórmanos que no ans 710 o reino visigodo estaba a vivir un fratricida guerra civil. A pregunta é: a que dúas faccións enfrontaba esa guerra e por que razón? 

2.   No ano 711 empezou o paso do estreito de Xibraltar por parte das tropas musulmanas. Ao seu mando estaba un lugartenente de Muza, de nome Tariq. Esas tropas foron pasando e acantonáronse nunha zona que é lembra hoxe polo nome que mantén por Tarik. Cal é esa localidade e municipio gaditano que mantén ese nome? (abaixo, na foto Don Rodrigo)


3. Cando se coñece que os árabes están entrando na Península: onde colle a nova a Don Rodrigo, rei dos visigodos? 
4.  En que provincia se librou a batalla do río Guadalete? Cantos soldados se calcula que que integraron o exército musulmán nesa batalla? E cantos integraban o exército visigodo? 

5.   Entre que datas transcurriu a batalla? Os visigodos empezaron mantendo a iniciativa na batalla pero logo virou: que factor resultou decisivo para que os visigodos perderan a batalla? 

6.   Cantas xente se calcula que morreu nela por parte árabe? E por parte visigoda?

7.   Despois da batalla nada se soubo de Don Rodrigo: que dúas teorías se baralla que pasou con el?

 

 

ACTIVIDADE Nº 2: Identifica os nomes que seguen en relación so que se di deles no audio:

a)  Florinda 

b)  Oppas e Sisberto 

c)  Viseu  

d)  Pelaio