jueves, 18 de enero de 2024

  O CID: TEMPO DE LENDA

Achegámonos nesta segunda entrada do blogue á Idade Media a través dun famoso heroe medieval da historia de España: Rodrígo Díaz de Vivar, alcumando "O Cid Campeador". Facémolo a través dunha particular viaxe no tempo que nos brinda a serie "El Ministerio del Tiempo" de TVE co seu capítulo titulado "Tiempo de leyenda". A serie baséase na existencia dun ministerio segredo (o Ministerio do Tempo) con axentes que viaxan ao pasado para evitar que a historia de España se altere e poida dese xeito seguir o seu curso. Aónda que ás veces, como veremos neste capítulo, non todo sae como estaba previsto e son precisas solucións de urxencia para non alterar a historia.

Para velo pincha abaixo no icono de play 






Podes ver curiosidades, resolver algunha pregunta prantexada pinchando no seguinte enlace:




Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  O CID. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  luns 6 de febreiro ás 17,30 horas. Ánimo...!!


ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 
Para iso resposta as seguintes cuestións:

Unha imaxe do capítulo da serie "El Ministerio del Tiempo"
1. Situémonos no tempo: O capítulo arranca nun lugar e nunha data: cales eran? Cantos anos faltaban daquela para que, na realidade, finara o Cid? Ata que ano e que lugar ten que viaxar a patrulla de "El Ministerio del Tiempo"?
2. Cando viaxa no tempo: en que etapa, das catro vistas en clase, se atopa Al-Andalus? Segundo se desprende do capítulo: que pobo norteafricano domiñaba daquela Al-Andalus?
3. Cal era a misión da patrulla nesa viaxe no tempo? Por que era necesaria esa misión?
4. Amelia pronto se decata de que aquel Cid era, na realidade, un impostor. Que elementos  (hai varios) vanlle facendo chegar a esta conclusión?
5. Na parte final entendemos o por que da primeira escena que abre o capítulo: por que uns axentes especiais grababan cunha cámara ao Cid nunha loita contra soldados árabes?
6. Enumera diferentes aparellos do presente que aparecen durante o capítulo no pasado e que, por tanto, non existían daquela.

Outra imaxe do Cid do capítulo "Tiempo de Leyenda"
ACTIVIDADE Nº 2: Investiga aspectos relacionados coa serie.-
1. Un dos axentes  que participa na misión chámase Spínola. Quen foi en realidade esta personaxe e cando viviu?
2. Ao principio do capítulo, pola cafetería do Ministerio, aparece un pintor que lle entrega como agasallo un cadro a un dos axentes. De que afamado pintor se trataba? Cita un cadro famoso del.
3. Mencionase tamén a un recoñecido actor norteamericano que interpretou ao Cid nunha famosa película sobre esta personaxe. Quen é ese actor? A que estudioso español acude na serie ese actor para documentarse sobre a figura do Cid? Por que cres que lle preguntaba sobre a posibilidade de rifles na época do Cid? (para isto último debes buscar información que relacione a este actor con ese tipo de arma).

Outra imaxe do Cid no cine

ACTIVIDADE Nº 3: Investiga sobre a figura do Cid.-
1. O Cid fora vasalo: de que dous reis antes de ser desterrado de Castela? Na Idade Media: que significaba ser vasalo e cal era a súa obriga para co seu señor?
2. Por que razón foi desterrado o Cid de Castela? E por que acabou en Valencia?
3. O seu nome era Rodrigo Díaz de Vivar: que sifnifica o alcume de "Cid" e quen llo puxo?









miércoles, 17 de enero de 2024

   O REXICIDIO DOS ROMANOV


A familia Romanov co tsar Nicolás II
En 1917 estoupa a Revolución Rusa, a cal contempla dous espasmos violentos: un en febreiro e outro no mes de outubro. Neste último os bolxeviques, liderados por Lenin, protagonizan un golpe de estado e fanse co poder na capital (San Petersburgo), e logo co dominio das principais cidades. Pero as forzas antibolxeviques fanse fortes no mundo rural desde onde tratan de organizar a contrarrevolución. Aquela situación dexenera nunha guerra civil, que dura ata 1921. Un dos episodios máis cruentos desa guerra foi a execución do tsar Nicolás II maila a sua familia (pertencente a dinastía dos Romanov) xunto co seu servizo doméstico.
Escoita o audio que che propoñemos para coñecer máis a fondo este episodio. É un adiodocumental de pouco máis de 20 minutos extraído da sección "Pasaxes da Historia" do programa de Onda Cero "A Rosa dos Ventos", relatado polo locutor - tristemente finado- Juan Antonio Cebrián.

Logo de escoitar o audio, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE": O REXICIDIO DOS ROMANOV. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  xoves 25 de febreiro.


O tsar Nicolás II
ACTIVIDADE Nº 1: Debuxa.-
Debuxa na libreta un mapa de Rusia. Sitúa nel as cidades de San Petersburgo, Moscova e Ekaterinburgo, xunto cos mares Báltico, Negro e Caspio, máis os Montes Urais. Colorea de azul os mares, de verde claro o territorio ruso e e castaño a zona que ocuparía os montes Urais

ACTIVIDADE Nº 2: Resposta.-
1. Como se chamaba a filla dos Romanov que dicía lenda pudo ter sobrevivido ao rexicidio?
2. Con que pretexto foi baixada a familia do tsar de noite ao sótano no que ían ser executados?


Anastasia Romanov
3. Que enfermidade padecía o "zarevich" (único fillo varón e por tanto herdeiro)?
4. Que fixeron cos corpos?

ACTIVIDADE Nº 3: Opina.-
1. Por que pensas ti que os bolxeviques decidiron asasinar aos Romanov?
2. Optarías ti por outra solución coa familia tsarista ou pensas que naquela situación era irremediable tal fin? (extensión mínima: 3 liñas)