domingo, 17 de septiembre de 2023

 

HAI VIDA NOUTROS PLANETAS?


Primeira entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Relacionado co tema que acabamos de abordar na aula, prantexámosche o visionado dun vídeo da canle NATIONAL GEOGRAPHIC,  onde o físico e cosmólogo Stephen W. Hawking fala sobre a posibilidade da existencia de vida noutros planetas. Para velo pincha abaixo no icono de "play".





Logo de visionalo, rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: HAI VIDA NOUTROS PLANETAS?. Enmarca o título nun recadro e colorea ese recadro. Logo resolve as actividades que a continuación se prantexan. Para iso vaite copiando os enunciados, e respostando empregando na redación parte do enunciado. Para ser contabilizado o traballo, presenta estas actividades feitas o vindeiro martes 26 de setembro, para ser correxidos ese día na aula.


 

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre o vídeo:

1. Que dúas condicións deben cumprir os planetas candidatos a ter vida?

2. Para ter auga líquida, os planetas candidatos a albergar vida non poden estar nen moi preto nen moi lonxe das estrelas. Por que sería imposible albergar auga se estiveran moi preto ou moi lonxe das estrelas?

3. Cantos anos se apunta que ten a nosa galaxia? E que nome recibe a nosa galaxia?

4. Segundo o exposto no vídeo: cantos planetas poden existir candidatos a albergar vida?

 


ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga sobre a figura de Stephen W. Hawking, e contesta ás seguintes cuestións:

1. Indica a nacionalidade, o ano de morte e que idade finou Stephen W. Hawking.

2. Que enfermidade padecía? En que consiste esa enfermidade?

3. Hawking colleitou innumerables premios pola súa labor. No ano 1989, recolleu un dos galardóns máis importantes da súa vida en España: de que premio estamos a falar?

 



 A HISPANIA VISIGODA

Primeira entrada do curso 2023-24 en 2º de ESO. Nesta ocasión, relacionado co abordado en clase, servimos este pequeno vídeo sobre o reino visigodo, e que ten unha duración inferior a 7 minutos. Para velo pincha abaixo no icono de play.



Logo da velo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A HISPANIA VISIGODA. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o luns 25 de setembro.

 

ACTIVIDADE Nº 1: DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Resposta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo: 

1. Que tres pobos xermánicos, se mencionan o vídeo, cruzaron os Pirineos e se instalaron en Hispania antes da chegada do godos? 

2. Os francos expandíronse e expulsaron aos visigodos de Galia. A que rei visigodo deron morte os francos naquela guerra? 

3. Asentados en Hispania o vídeo menciona o nome do rei Leovixildo. Preto de Guadalaxara, Leovixildo mandou construir unha cidade na honra do seu fillo: que nome recibía esa cidade? 

4. Que rei visigodo convertíu o reino visigodo ao Catolicismo?

5. Que gran sabio visigodo se menciona no vídeo, e que famoso resumo do saber universal escribiu este sabio en 20 volumes? 

 



O rei Leovixildo

ACTIVIDADE Nº 1: DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionadas co vídeo:

a) O último rei visigodo foi Don Rodrigo.

b) Os vándalos, cando estiveron en Hispania, asentáranse na Bética.

c) Os godos entraron en Hispania como aliados de Roma para recuperar os territorios ocupados polos burgundios.

d) Cando se dividiu o Imperio Romano, o de Occidente estableceu a súa capital na cidade de Rávena.

 



Cine en familia... LUTERO


Primeira entrada do blogue en 3º de ESO par ao curso 2023-24. Acabamos de traballar no primerio tema do curso ( "Os inicios da Idade Moderna") a Reforma protestante, a cal supuxo a ruptura do Cristianismo en Europa Occidental. Unha ruptura que se mantén hoxe, con igrexas cristianas que se afastaron da doutrina de Roma. Para reforzar este contido centramos esta primeira entrada do blogue na figura de Martiño Lutero, que abreu esta fenda histórica. Para iso visiona a seguinte película, que data do ano 2003 e que ten unha duración de 1 hora de 58 minutos. Para vela pincha abaixo no icono de play (ou no enlace directo que dispoñemos). Ah! Prepara as palomitas, un refresco... e disfruta do cine...
 

Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": LUTERO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres, 29 de setembro. Ánimo!!...


Lutero colocando ás 95 teses na
porta de Wittemberg
ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Enumera feitos, actos ou crenzas da Igrexa que Luetro denuncia como erros na primeira parte da película, e que van facendo que el se reprantexe a súa fe. 
2. Quen é do príncipe alemán que protexe a Lutero no seu enfrontamento co Papado? 
3. Que lle esexían a Lutero  en Worms, cando este se citou co emperador? 
4. Quen secuestra a Lutero despois de marchar de Worms e por que razón? 
5. A que adica a súa labor Lutero, mentras estivo confinado (encerrado)? 
6. E una última:  A quen adicou Lutero a súa Biblia traducida ao alemán? 


Fotograma da película
ACTIVIDADE Nº 2: Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións, relacionadas coa película.-
1. Lutero casou cunha antiga monxa.
2. Segundo se afirma na película, nas revoltas en favor de Lutero morreron entre 50.000 e 100.000 personas, na súa maioría campesiños.
3. Na película vese a escena velando o cadavre do Papa Paulo VI. 
4. Cando abandona o seu confinamento, Lutero sae disfrazado de campesiño.
5. No intre de recibir a bula de excomunión Lutero ráchaa coas mans en público. 

ACTIVIDADE Nº 2: Investiga.-
Outro fotograma da película
1. Cal era o nome do emperador que aparece na película, e que relación tiña ese emperador con España? 

2. A película empeza coa primeira misa de Lutero en que é ordenado sacerdote, e remata 16 anos antes da súa morte. Por tanto: En que ano do calendario debe arrancar a película, e en que ano remata?







 AS ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA


Primeira entrada do curso 2023-24.  A Revolución Francesa foi a "nai" de todas aquelas revolucións que alumbraron os modelos democráticos actuais. Foi a primeira en derrubar o Antigo Réxime e convertiuse por iso nun modelo para outros países. Pero por que estoupou aquela revolución? Cales foron as súas causas? Para comprender estes e outros aspectos que rodearon o inicio da Revolución Francesa visiona o seguinte vídeo.



Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: AS ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o xoves 28 de setembro na aula. Ánimo...!!


A toma Bastilla
ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente as seguintes cuestións:
1. O vídeo apunta que o Pazo de Versalles foi mandado construir polo rei Luis XIV nun pobo das afóras de París. En concreto: a cantos quilómetros distaba da capital este pazo? 
2. En que ano se celebra a voda entre o Luis Capeto (futuro Luis XVI) e Mª Antonieta? A que dinastía representaba cada un dos contraíntes?
3. Apunta o documental que Luis XVI non puido consumar o matrimonio ata anos despois de terse casado (incluso chegouse a dicir del que era impotente), de feito tardou sete anos en ter descendencia. Pero na realidade, por que motivo o rei non puido consumar o matrimonio antes?

Execución de Luis XVI
4. Que cifra de diñeiro se apunta no vídeo aportou Luis XVI en apoio aos independentistas das Trece Colonias na guerra contra Inglaterra?
5. O ministro de economía Necker foi destituido polo rei en vísperas da xornada revolucionaria do 14 de xullo. Esa destitución soliviantou todavía máis ao pobo. Que argumento deu Luis XVI para xustificar aquela decisión súa de cesar a Necker? 
7. Cantas semanas estiveron os Estados Xeais reunidos de xeito infructuoso sin poder avanzar en acordos?
8. Con que obxectivo asaltaron as masas enfervorizadas a Bastilla? Que ocorríu co director, cando, tras tratar de defender aquela prisión-fortaleza, rendíuse?
  

Robespierre
ACTIVIDADE Nº 2: As personaxes.-
1.  O vídeo arranca coa figura dun revolucionario francés na véspera de ser executado. Quen era ese personaxe e por que ía fora condeado a morte?
2. Indica rasgos da personalidade e das súas aficións que se apuntan no vídeo sobre as seguintes personaxes:

·        Luis XVI
·        María Antonieta
·        Robespierre