martes, 19 de diciembre de 2023

 un homínido PREHISTÓRICO


Nova entrada do blogue nesta segunda avaliación. Nela propoñésmoche o visionado dun pequeno vídeo pertencente á serie "A odisea da especie". Trátase dun fragmento de 11 minutos que versa sobre un determinado homínido prehistórico. Para velo pincha no icono de "play" que aparece no fotograma de abaixo:



Despois de cada visionado realiza actividades que se acompañan [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": UN HOMÍNIDO PREHISTÓRICO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o luns  11 de xaneiro. Ánimo!!


*********************

EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

a) Cal é o homínido protagonista deste documental? A que homínido sucede? E a que outro homínido procede?

b)    Que cambiou no cerebro do Homo Habilis en relación ao seu proceso?

c)   O vídeo amosa varias novidades do Homo Habilis que supoñen un avance sobre o seu predecesor. Enumera todas aquelas que aprecies.

d)    Que dúas ferramentas amosa o vídeo que foi capaz de facer o Homo Habilis?

e)    Que fixo posible que o Homo Habilis poridera vivir en medios hostiles e for expandíndose polo planeta?


 

EXERCICIO Nº 2.- Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións sobre o documental

a)  O animal que acabar por atopar morto e que teñen dificultades para comer a súa carne era un cocodrilo

b)  O Homo Habilis descobre que unha punta de podía ferir cando o protagonista pinchou a un animal atopou agachado.

c)   Empezar a organizar o O Homo Habilis deuse conta que todas as pedras que existen, unha vez tallada cun golpe, podían empregarse como ferramenta.

d)  O abrigo que se veu consstruir no vídeo era unha cabana.


 

...Estamos neste paso da evolución?? 😂 😂 😂

sábado, 9 de diciembre de 2023

De cine: "ESQUILACHE"


Primeira entrada da 2ª avaliación e cuarta do curso 2023-24. Nela prantexámosche unha nova sesión de cine familiar. Tratáse dunha película histórica sobre a figura de Esquilache, ministro da corte do rei de España que no século XVIII deu lugar ao famoso “motín de Esquilache”, que vimos de traballar no curso. Debes achegarte a esta película con cautela: non é unha película de acción, é un película de actores, con moitos interiores, para comprender o interior das tramas políticos do pazo arredor do rei. Para ver a película on line pincha no seguinte enlace:


ESQUILACHE (película completa)


Logo da vela realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ESQUILACHE. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o martes 19 de nadal.

 

EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Describe a escena da película onde se refire o dito "todo para el pueblo pero sin el pueblo". 

2. Con que animales domésticos aparece o rei Carlos III cando se dispón a xantar no comedor de pazo?

3. Segundo de desprende da película, e en función ás reformas do despotismo ilustrado de Carlos III: que actuacións de modernización e embecemento de Madrid se están levando a cabo de mans de Esquilache nesos anos?

4. Nun momento a nai do rei Carlos III semella incitar a Esquilache a sucidarse. Como estivo a piques de sacarse a vida Esquilache na película?

5. Dúas curiosidades: nun dos momentos Esquilache está sentado xunto coa súa dona asistindo: a que famoso sorteo? E cal era a bebida quente que adoitaba pedir á camareira persoal para tomar?

6. O motín estivo motivado, segundo o película polo edito "de las capas y los sombreros": En que consistía esa lei?

7. Cal é a pena que pedían os amotinados contra Esquilache?

8. En que cidade española embarca Esquilache para regresar a Italia?


  

Fotograma da película: Fernando Fernán Gómez como Esquilache,
e Adolfo Marsillach como Carlos III


EXERCICIO Nº 2.- Investiga ou reflexiona sobre personaxes que aparecen na película:

1. Cal é o nome da nai do rei que aparece na película?

2. Quen era o marqués de Floridablanca? (escribe unha reseña sobre este personaxe).

3. Na película aparecen/mencionanse a Sabatini e Grimaldi. Xunto con Esquilache o tres son italianos. Investiga: quen eran? E cal razón de por que tanta presencia italiana na corte de Carlos III nesos anos?



4. Na película refírense que outros sucesos de motíns populares semellantes están acacendo tamén noutras cidades. Segundo o que ti sabes: cales son as razóns profundas que motivan todo estos motíns (incluido o de Esquilache?

5. Que reproches fai pobo na película á figura de Esquilache?

6. Que valores trata de ensalzar a película sobre a figura Esquilache?

7. Que imaxe traslada e película, en cambio, sobre marquesa (a sua muller)?

8. Nun momento da película traénlle a Esquilache unha maqueta do Madrid embelecido querendo convertila na “cidade máis bela de Europa”. A pregunta é: das seguintes imaxes do Madrid monumental de hoxe, cales aparecen nesa maqueta e pertencen pois a aquela época?

 


Cervantes


A fonte de deusa Cibeles



Museo do Prado



A deusa Venus




A porta de Alcalá



Fonte do deus Neptuno



 

 

jueves, 7 de diciembre de 2023

A TREGUA DE NADAL


Imaxe cotiá nunha trincheira
Europa vivíu entre 1914 e 1918 a I Guerra Mundial, o conflito máis destructivo que o mundo coñecera ata daquela. Esta é a unidade que acabamos de traballar na aula. Con tal motivo ofrecémosche unha actividade complementaria para mellorar as túas competencias. Como se achega o nadal que mellor ocasión para 
visionar o seguinte documental de "Canal Historia" (duración: 45’) que versa sobre un emotivo episodio acaecido na Noiteboa de 1914 e que foi coñecido como “a tregua do Nadal”. Desde aquí os nosos mellores desexos de felidade, saúde e benestar para ti e toda a tús familia. Para ver o vídeo pincha no icono de play abaixo.




Tamén podes velo a través deste ENLACE: A tregua de Nadal

Logo do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A TREGUA DE NADAL NA I GUERRA MUNDIAL. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será martes 9 de xaneiro


Soldados metidos dunha trincheira 
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas directamente coa chamada “tregua do nadal”:
1. Cando aconteceu a “tregua do nadal”, en que fronte, e soldados de que dous países a protagonizaron?
2. Preto de que cidade belga aconteceu?
3. Como empezou?
4. Que famosa panxoliña acabou sendo entoada nas trincheiras por soldados dun de doutro bando?
5. Que elemento típico do nadal nas nosas casas mostraron desde as trincheiras alemanas?
6. Que intercambiaron soldados de ambos bandos? A que deporte xogaron incluso xuntos?
7. Que outros xestos de confraternidade describe o documental se produciron por parte dun e doutro bando?
8. Cal era a preocupación fundamental do Alto Mando do cada exército sobre esta tregua? Que órdenes cursaron para tratar de poñerlle fin?
9. Cando se deu por rematada a tregua?


Soldados franceses loitando na trincheira
ACTIVIDADE Nº 2.- Resposta a outras cuestións relacionadas co documental.
1. No documental compárase o Plan Schlieffen alemán concebido para I Guerra Mundial cunha porta xiratoria, por qué?
2. Apunta tamén que no inverno de 1914 morreron máis soldados na fronte por conxelación, gangrena e o mal denominado “pe de trincheira”, que por lume inimigo. Pero, que di o documental que era o “pe de trincheira”?
3. Que tipo de arma que sementou o terror nas trincheiras empezouse a empregar despois dese inverno de 1914?
4. No documental un fillo dun soldado alemán e a filla dun británico coinciden na homenaxe que fan cada ano en Yprès aos protagonistas desta tregua. En que noite ten lugar esa homenaxe? Que xesto protagonizan ambos?



 

 PASEO POLA CIDADE MEDIEVAL

Damos un paseo pola cidade da Baixa Idade Media, vinculado ao tema que vimos de rematar na aula. Facémolo de mans de Canle Historia, cun documental de 14’52’’ minutos. Para velo pincha aquí abaixo no icono de play para visionalo, coñecer máis a engadir méritos para esta segunda avaliación que que arrancamos aquí:
 



Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE:  A CIDADE NA BAIXA IDADE MEDIA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o luns 18 de nadal 


ACTIVIDADE  Nº 1: Proba que estiveches atento contestando as seguintes curiosidades.- 
1. Cantos quilómetros apunta o vídeo debían percorrer, como moito, os mercaderes na ruta cada día?
2. As murallas eran un elemento que identificaba á cidade medieval. A través das súas portas accedíase á cidade. A pregunta é: a que hora abrían e se pechaban as portas da muralla?
3. Que artiluxio relacionado coa medición do tempo adquire protagonismo na cidade a partir do s. XIII, e onde estaba situado?
4. Na cidade medieval proliferan moito as tabernas, onde comía, bebía e xogaba a xente. Cal era o principal xogo nas tabernas que se apunta no vídeo?
5. Como non había rede de sumidoiros: cal era a alternativa para facer cada quen as “necesidades” na cidade?
6. Que institución, se afirma no vídeo, autogobernaba a cidade?
7. Apunta o vídeo que a cidade promove o asociacionismo. Que entidade asociativa coñeces ti que xurdira nesta época? En que consistían?


Unha imaxe da cidade medieval refrexada polo cine

ACTIVIDADE  Nº 2: Describe.-
A raíz do vídeo escribe un texto de tres liñas no que describas de xeito claro a cidade e a vida na cidade medieval. (No foto, a cidade de Ávila hoxe, que conserva as súas murallas medievais)
 
ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionada co vídeo.-
a) Nas portas das murallas adoitaba cobrarse unha peaxe aos mercaderes que entraban para vender mercadurías.
b) No vídeo describe o burgo dos arredores das murallas, onde vivía a burguesía.
c) Na Baixa Idade Media, cobrou importancia a faceta urbanística para facer crear a cidade de xeito ordeado.
d) Na cidade medieval a xente adoitaba pasar moito tempo na rúa.
e) Ideouse xa un ascensor rudimentario para evitar as escaleiras e poder subir os residente sasí ás planta altas.
f) A cidade era símbolo de maior libertade para as súas xentes.
g) Un bloque de casas podía chegar a ter conco ou seis prantas.


A feiras medievais son hoxe un atractivo turístico para as cidades con historia da época


  CLIMOGRAMAS E PAISAXES

Cal con cal? (1º ESO-XEOGRAFÍA)


Empezamos a analizar os climogramas na aula. A continuación amosamos cinco climogramas e outras catro formacións vexetais. Debes indicar a que clima corresponde cada climograma, xustificando en cada caso a resposta. Logo debes relacionar ese climograma coa paisaxe vexetal correspondente que aparece abaxio con letras. Fíxate na primeira das propostas a xeito de o exemplo. Fai ti o mesmo cos outros catro casos. O día de presentación e corrección na aula será o  luns 18 de nadal.

Lembra: rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: CLIMOGRAMAS E PAISAXES. Enmcárcao nun recadro e colore o espazo da mesma cor que empregaches nas entradas anteriores do blogue.


climogr. 1

(solución) O climograma 1 correspóndese cun clima da rexión cálida, porque as temperaturas son altas todo o ano. Dentro da rexión cálida pertence a un clima desértico, porque as temperaturas son altas todo o ano, e as choivas son prácticamente inexistentes. En función desta conclusión consideramos que o clima correspóndese coa paisaxe vexetal B 



climogr. 2




climogr. 3




climogr. 4




climograma 5




PAISAXES VEXETAIS: 
relacionar con cada climograma


Paisaxe vexetal A


Paisaxe vexetal B
(solventado arriba)



Paisaxe vexetal C



Paisaxe vexetal D



Paisaxe vexetal E


lunes, 4 de diciembre de 2023

 “NAPOLEÓN” (ENTRADA EXTRA)


Propoñemosche ver en familia ou cos teus amigos a película “Napoleón” de Ridley Scott, que está estos días no cine de Vigo. A partir de vela, verás esta historia con outros ollos. Aproveita a oportunidade e, se a ves, realiza as actividades que se propoñen. Contabiliza como actividade extra e, por suposto, voluntaria. En folio ou folla de libreta realiza as actividade propostas, e nun lado incorpora unha ilustración de Napoleón. Remite o traballo en foto por correo electrónico. Dispós de prazo ata o domingo 10 de nadal ás 14 horas.




ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións.-
1. A película iniciase cunha execución: quen ía ser executado?
2. En que país fora de Europa se ve a Napoleón nunha das suas campañas militares?
3. Por que razón regresa apresudamente a Francia tras esa campaña?
4. A película deixar entrever un gran amor entre Napoleón e Josefina. Pero o seu matrimonio rómpese: por que razón?
5. Na batalla de Watterloo, a película amosa a un soldado británico tendo a Napelón na mirilla: cando dispara, que dano lle causou a munición a Napoelón?





 


ACTIVIDADE Nº 2.- En relación ao traballado en clase, contesta:
1. Cal das famosas campañas de Napoleón abordadas en clase non se amosa nada na película?
2. Que outra gran batalla nomeada nos apuntamentos non aparecen na película?
3. A película non incide nada no labor lexislativo de Napoeón que asentou e tratou de exportar a outras estados. O groso das súas leis está recollidad no Código Civil: que era? Cales eran a esencia desas leis que contiña o seu Código Civil. 





ACTIVIDADE Nº 3.- Opina:
1. Que rasgos da personalidade de Napoleón se acentúan na película?
2. Cal entendes que foi o legado de Napoleón para a historia de Europa? Noutras palabras: que foi o bo, e que foi o malo que supuxo o labor Napoleón?
3. A morte de Napoleón: como morre e a causa de que? Como valoras a escena final en alusión á sua morte?


***********************

ANTES DE VER A PELÍCULA RECOMENDÁMOSCHE LER A APUNTAMENTO DE 4º DE ESO que servimo aqui abaixo. En cor azul arranca o previo a Napoleón, para comprender o momento, previo que tamén vemos na película. Lógo ségue o mometno explícito de Napoleón no poder

 

3. A REPÚBLICA (1792-99).-

Francia proclamara por primeira vez na súa historia unha república, un modelo sen rei.

 

3.1. A República democrática: A Convención (1792-95).-.

A nova asemblea republicana foi elexida por sufraxio universal e recibiu o nome de Convención. Nun primeiro momento esa Convención estivo controlada polos xirondinos (de setembro de 1792 a xuño de 1793). Foi nesta etapa cando se levou a cabo o xuizo contra o Luis XVI que, acusado de traizón, foi condeado a morte e executado na guillotina en xaneiro de 1793. Meses despois tamén foi executada a súa muller, Mª Antonieta.

A execución do rei provocou unha reacción en Europa. Varios países coaligáronse e uníronse a Austria na invasión de Francia. No interior, as revoltas contrarre-volucionarias multiplicáronse. A revolución estaba máis que nunca en perigo. 

Así, en xuño de 1793 os xacobinos (liderados por Robespierre, Danton, Marat, Saint-Just), fixéronse co poder dentro da Convención. De seguido impulsaron unha serie de reformas radicais co obxecto de salvar a revolución. Entre esas reformas destacaron as seguintes: 

-       Proclamouse a Constitución de 1793, a cal establecía a república e o sufraxio universal.

-    Decretaron as levas en masa, isto é, o reclutamento forzoso da poboación para crear un exército numeroso en condicións de afrontar a guerra. Gracias a isto a guerra empezou a cambiar de sino.

-       No interior impulsaron a política do Terror, pola cal se suspenderon as libertades e proclamáronse uns tribunais revolucionarios especiais, que castigaba coa pena de morte aos sospeitosos de ser contrarrevolucionarios. Os bens dos exectuados eran requisados e distribuidos entre os indixentes.

-      Requisáronse alimentos de primeira necesidade para ser racionados e fixáronse prezos máximos de venda para eles.


Cos xacobinos a revolución foise radicalizando ata o extremo de dexenerar nunha auténtica ditadura, con Robespierre á fronte. O Terror salpicou a moitos membros da Convención, chegando incluso ata os xacobinos máis moderados que acabaron sendo tamén guillotinados (Danton), por terse atrevido a criticar ao goberno ou a Robespierre

Isto provocou a oposición crecente da alta burguesía e sectores moderados que se foron organizando para urdir un golpe de estado. Ese golpe triunfou en xullo de 1794 e derruba ao goberno xacobino. Os principais líderes xacobinos foron perseguidos e guillotinados (“Terror Branco”).


3.2. A República burguesa: O Directorio (1795-99).-

Tralo golpe de estado, a alta burguesía de carácter conservador voltou a tomar o control do goberno. Abreuse así unha nova etapa. Nela aprobouse unha nova constitución (Constitución de 1795) que restablecía o sufraxio censatario e outorgaba o poder executivo a un órgano de cinco membros, o cal recibe o nome de Directorio (de aí o nome da etapa). Pola súa banda, o lexislativo pasaba a mans dun parlamento bicameral (Consello dos Cincocentos e Consello de Anciáns).

Foi unha etapa intestable, de revoltas internas, mentras se mantiña a guerra cos outros países. Naquel ambiente o exército foi tomando cada vez maior protagonismo. Semellaba ser o único capaz de manter a orde e soster ao goberno. Dentro daquel exército empezou a destacar polas súas campañas vitoriosas sobre os inimigos un xoven xeneral: Napoleón Bonaparte. Apoiado pola burguesía, Napoleón deu un golpe de estado en 1799 e fíxose co poder. El dirixirá a política francesa durante os vindeiros quince anos, á vez que os seus exércitos ocuparán media Europa creando un gran imperio.

 

4. A FRANCIA NAPOLEÓNICA (1799-1814/15).-

Nun primeiro momento Napoleón mantivo a república. Suprimiu o Directorio e no seu lugar asumiu o goberno o Consulado, un organismo de tres persoas (cónsules), onde el exercía como primeiro cónsul (sistema que mantén entre 1799 e 1804).

No interior, promulga o Código Civil, un compendio de leis que garantía os principios liberais. A maiores, chega a un acordo co Papado para garantir o catolicismo en Francia, e que o goberno comprometíase a soster economicamente ao clero francés. Mentras, no exterior, Napoelón asina a paz con Austria e Inglaterra. Todo iso contribúe á estabilidade do réxime. 

En 1804 Napoleón proclama o Imperio (1804). Daquela fíxose coroar emperador dos franceses na catedral de Nôtre Dame en París. En adiante, todo o poder recaerá na súa persoa.

Daquela inicia unha campaña de conquistas, invadindo países e logrando alianzas con outros que se converten en satélites de Francia, á par que impoñía nesos territorios sistemas con principios liberais. Así derrota ao Imperio Austro-Húngaro e Prusia no centro de Europa, ao igual que a península itálica no sur. Mesmo tentou invasión de Inglaterra (foi primeiro derrotado na batalla de Trafalgar), e logon decretou o bloqueo continental das Illas Británicas, para tentar afogalas económicamente. Asimesmo, en 1808 emprende a conquista de España, e en 1812 suma a campaña de Rusia. Daquela, Napoleón tiña boa parte de Europa no seu poder. Era o momento álxido do seu imperio. 

Pero en España a conquista vaise transformando nunha longa guerra de liberación dos españois (Guerra de Independencia), que contará co apoio británico. Mentras, en Rusia, os exércitos napoleónicos chegan a ocupar Moscova. Pero pronto evidencian o fracaso neste país. Rusia viñera poñendo en práctica unha táctica de “terra queimada”, mesmo facendo arder Moscova ante a chegada do exército francés. O duro inverno do clima ruso fixo o resto. Sen apenas alimentos, e aterezido polo rigor do inverno, os exércitos napoléonicos tiveron que emprender a retirada. Daquela aparece o exército ruso para hostigar a retagarda das tropas francesas, causando estragos nela. Dos 691.500 soldados franceses que partiran para esta campañaa, só regresaron con vida 58.000. 

Finalmente unha coalición internacional derrotou aos exércitos napoleónicos na batalla de Leipzig (1814). Daquela, Napoleón foi deposto e deportado á illa de Elba no Mediterráneo. Aínda así, logrou fugarse e, alentado polos seus, retornou a París facéndose de novo co poder. Pero as potencias extranxeiras, coaligadas outra vez, declararon a guerra a Francia, e derrotaron definitivamente aos exércitos napoleónicos na batalla de Watterloo (1815). Napelón mantivérase no poder nesa fase apenas 100 días. Confinado de novo, esta vez á illa británica de Santa Elena, no Atlántico, Napoleón vivíu baixo vixiancia inglesa ata a súa morte (1821).