sábado, 16 de marzo de 2024

 O PROBLEMA DEMOGRÁFICO 

EN ESPAÑA


Nova entrada do blogue para o curso de 2º de ESO. Neste caso, está centrada no tema de demografía que estamos a traballar na aula. Para afondar nel, visiona este vídeo de televisión France24, emitido en 2021 e cunha duración de tan só 5 minutos. Para velo pincha no enlace que figura aquí abaixo:



O PROBLEMA DEMOGRÁFICO EN ESPAÑA


Como sempre, fainas na libreta, enmarcando nun recado o título “FORA DE CLASE: O PROBLEMA DEMOGRÁFICO EN ESPAÑA”. Logo colorea ese recadro na cor elexido por ti para o blogue. Despois, de de xeito ordeado, copia os enunciados e contestas sempre con parte deles. O modelo de presentación e corrección sera o xoves 21 de marzo. 


 

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente as seguintes cuestións sobre o vídeo:

1.  Cal é o principal problema demográfico de España que se manifesta no vídeo?

2. Apúntase que España é o país con fecundidade máis baixa de Europa. Cal é o número medio de fillos por parella en España? A que se debe esa baixa natalidade?

3.  Nun caso hipotético: e se pecharan fronteiras e non entrara nin saíra xente de España, canta poboación estaría perdendo España por ano?

4.   Segundo o vídeo: cal vai ser a consecuencia deste problema?

5.   Que medida se aposta na comunidade de Madrid para intentar poñerlle solución?

6. Que solución inmediata propoñen os expertos para evitar as consecuencias de noso problema demográfico?

 


ACTIVIDADE Nº 2:- Reflexiona e/ou investiga:


1.  Ademáis da aportada no vídeo: que outras consecuencias pensas ti poden traer este o problema para o gobernos e para o España a longo prazo? (propoñémosche falar disto cos teu pai e/ou nai, para reflexionar xuntos, e iso poderá axudarche a dar con conclusións sobre isto)

2. En cambio, países subdesenvolvidos do interior de África, non teñen este problema demográfico. A pregunta é: cal é o principal problema demográfico desos países pobres? 

 



“COS PÉS NA TERRA”

Sexto entrada do blogue (e primeira da terceira avaliación) do blogue. Neste caso, de mans do programa da TVG "Cos pés na terra" viaxamos a moi preto, aquí, a Mos, onde imos coñecer a experiencia de Elia Lugilde coa agricultura e o mundo da horta.Un vído que poñemos en relación co tema de Xeografía do Sector Primario que estamos a dar na aula. Para ver o vídeo pincha no seguinte enlace:

COS PES NA TERRA: Sementando coñecemento



Logo de visionar o vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: COS PÉS NA TERRA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  venres 22 de marzo (en caso de non poder facelo ese día, por contratempo de última hora, deberás remitir durante ao longo dese venres por corre-e fotos que acrediten a actividade feita).

________________________

EXERCICIO Nº 1.- Desmostra que viches o vídeo con atención, contestando así ás seguintes preguntas:
1.  Que estudos completou a protagonista do vídeo (Elia Lugilde)  para adicarse do xeito que ves á agricultura?
2.  Que truco recomenda Elia Lugilde para poder dispor sempre de máis leitugas na horta?


3. 
As toupas son moitas veces un inimigo cos cultivos na horta. Que remedio natural emprega a protagonista para espantar as toupas, e como funciona ese remedio?
4.  Nunha parte do vídeo vémola preparando un fitosanitario natural para acabar coas pragas de pulgón na prantas. Explica a receita.
5.  Noutras partes do vídeo, con tres das suas alumnas, traballan nun bancal para crear unha cama natural, coas diferentes capas para prantar. Explica, por orde as diferentes capas que dispoñen (de máis profunda a máis superficial).




6.  Que dúas funcións compre a viruta de madeira que se coloca no bancal?
7.  Que tres prantas se dispoñen a cultivar nese bancal? 



EXERCICIO, Nº 2.- Pon en relación o vídeo con explicado na aula, contestando para iso a estas dúas cuestións:
1.  Estamos diante dun caso de agricultura intensiva ou extensiva? Xustifica a resposta en relación ao que viches.
2.  Como clasificarías o modelo de agricultura visto: de subsistencia ou de mercado? Xustifica a resposta.


jueves, 14 de marzo de 2024

 ESPARTA E O PASO DAS TERMÓPILAS  


(1º ESO)

Penúltima entrada do curso 2022-23. A fins de xullo do ano 480 a. C. os gregos, liderados polos espartanos, bloquearon o Paso das Termópilas durante unha semana, impedindo así o avance dos persas desde Macedonia cara o sur, e facerse así con toda a Grecia Europea. Aquela batalla, aínda que perdida polos gregos, supuxo que éstos gañaran un tempo que foi vital para organizarse internamente, co obxecto de facer fronte aos persas e gañar á postre aquelas Guerras Médicas. Nesta entrada do blogue brindámoche un audiodocumental de 28 minutos de duración extraído da sección "Pasaxes da Histonia" do programa "A Rosa dos Ventos", dirixido por Juan Antonio Cebrián -xornalista finado en 2007-. Nel achégache a á filosofía do exército espartano máis este episodio da Termópilas. Para escoitalo pincha no seguinte enlace, e así terás acceso directo ao audio. Tamén, se queres, podes baixalo e levalo ao teu MP3 ou equipo reproductor de son, e escoitalo de xeito máis cómodo.







Logo da audición realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ESPARTA E O PASO DAS TERMÓPILAS. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación destas actividades será, como data tope, o venres 22 de marzo, mediante foto enviado por corre-e, antes das 20 horas horas dese día


Fotograma da pelíucla "300" que recrea a batalla das Termópilas
ACTIVIDADE Nº 1.- DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co audio: 
1. A que anos empezaba a formación militar dun espartano, e ata que anos duraba? Unha vez rematada esa formación: ata que anos debían servir no exército? 
2. Que destiño agardaba aos rapaces espartanos discapacitados ou a todos aqueles que non superaban a formación militar? 
3. Que eran as chamadas "critias" espartanas? E quen eran os ilotas? E os hoplitas? 


Mapa de Grecia onde se reprexa as Termópilas
4. Na batalla das Termópilas: que rei dirixe o exército espartano? E que rei dirixe o exército persa? 
5. As Termópilas era un angosto paso cara o sur. Que ancho (apúntase no audio) tiña aquel paso na parte máis estreita? 
6. Segundo o documental, no referente aos persas: cantos soldados integraban o seu exército? Que nome recíbía a tropa de élite que rodeaba ao seu rei?  
8. En canto aos gregos: Cantos quedaron ao final para defender o Paso das Termópilas? Con respecto aos espartanos: que condición aplicou o rei aqueles que elexíu para quedar con él a defender aquel paso das Termópilas? 

Monumento na Termópilas na actualidade
ACTIVIDADE Nº 2.- Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións (no caso de ser falsa unha afirmación, explica a razón)
1. Gracias a un lugareño ao que lle pagaron cunha bolsa de moedas, os persas descubrion un sendeiro a través do monte Hoetas para atacar pola retagarda aos gregos. 
2. Os espartanos non se podían casar ata os 25 anos. 
3. Nas Termópilas existe hoxe un monumento onde reza a seguinte frase: "estranxeiro, vaite a Esparta de dilles que aquí xacemos por cumprir a súas leis". 
4. Esparta tiña como modelo de goberno un diarquía. 
5. No ataque ordeado por Leónidas á desesperada, foron morrendo os seus soldados, e el foi o último en cair. 

ACTIVIDADE Nº 3.- Investiga.- 
Cartel da película "300"
1. Unha das últimas películas que recrea esta pasaxe histórica foi "300" de Zack Snyder (2006). Nela cóntase que 300 espartanos defenderon o Paso das Termópilas. Na realidade, e despois de escoitar o audio: pensas que este título responde a realidade do que aconteceu? 
2. No audio tamén se menciona que o soldado Filípides percorreu a distancia entre a chaira de Maratón e Atenas para comunicar a vitoria grega sobre os exércitos persas do rei Darío. Que distancia exacta percorreu daquela Filípides? E a que famosa proba de atletismo, na que se corre aquela mesma distancia, da nome hoxe aquel fito? 





COMENTARIO DE TEXTO.-

Rotula na libreta o título: FORA DE CLASE: COMENTARIO DE TEXTO. Logo envía por correo-e fotografías que acrediten esta actividade feita, cun prazo máximo de 26 de marzo ás 15 horas. Só se contabilizará como actividade de blogue se entra en prazo.


Documento histórico.-
Comentario de texto / preguntas sobre o documento que segue a continuación.

«Españoles: A cuantos sentís el santo amor a España, a los que en las filas del Ejército y la Armada habéis hecho profesión de fe en el servicio a la Patria, a cuantos jurasteis defenderla de sus enemigos hasta perder la vida, la nación os llama en su defensa. La situación de España es cada día más crítica; la anarquía reina en la mayoría de los campos y pueblos; autoridades del gobierno presiden, cuando no, fomentan las revueltas; a tiro de pistola y ametralladoras se dirimen las diferencias entre los asesinos, que alevosa y traidoramente se asesinan, sin que los poderes públicos impongan la paz y la justicia. (...) La Constitución (…) sufre un eclipse total: ni igualdad ante la ley; ni libertad, que está encarcelada por la tiranía; ni la fraternidad, cuando el odio y el crimen han sustituido el mutuo respeto; ni la unidad de la Patria, amenazada por el desgarramiento territorial, por los regionalismos que los poderes fomentan. [...] ¿Es que se puede consentir un día más el vergonzoso espectáculo que estamos dando al mundo? ¿Es que podemos abandonar a España a los enemigos de la Patria (…), entregándola sin lucha y sin resistencia? ¡Eso no! Que lo hagan los traidores, pero no lo haremos quienes juramos defenderla. Ofrecemos justicia, igualdad ante las leyes; paz y amor entre los españoles; libertad y fraternidad, exenta de libertinajes y tiranías. Trabajo para todos, justicia social, llevada a cabo sin violencia, y una equitativa y progresiva distribución de riqueza, sin destruir ni poner en peligro la economía española (…) Españoles: ¡Viva España! ¡Viva el honrado pueblo español!»

 

Manifesto feito en Tetuán el 17 de xullo de 1936


Realiza un comentario do texto (segundo o implementado na aula). Se optas polo modelo de preguntas, despois de ler o documento contesta ás seguintes cuestións:

1.     Natureza, idea central e división en partes do texto. (1)

2.     Coas túas palabras, enumera argumentos refrexados no texto que xustifiquen o golpe de estado (2)

3.   Segundo o que ti sabes: cales foron as causas reais deste golpe de estado? E que consecuencias se derivaron deste golpe? (2)

4.  En non máis de cinco liñas, escribe un breve resumo sobre a guerra que seguíu a este golpe de estado (3)

5.     Espazo, tempo, autor, obra e opinión persoal. (2)

 

Nota: os números que figuran entre paréntese en cor granate, corresponderíase

coa cualificación de cada pregunta, a xeito de simulacro de exame