martes, 20 de febrero de 2024

 ROMÁNICO & GÓTICO (2º ESO)


Vimos de traballar na aula un tema sobre a arte do Románico e do Gótico, os primeiro dous estilos internacionais que protagonizan a Baixa Idade Media en Europa. Sobre eles versa esta nova entrada do blogue, a última que temos prevista de Historia. 

Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ROMÁNICO & GÓTICO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de presentación e corrección destas actividades será o  xoves 22 de febreiro.


Despois do traballado en clase distingue cales dos seguintes edificios son románicos e cales góticos xustificando en cada caso a resposta.


Nº 1


Nº 2


Nº 3


Nº 4



Nº 5

______________________________

Agora obra de igual xeito coa escultura. Diferencia cales das seguintes son románicas e cales góticas, xustificando a resposta:


Nº 1


Nº 2


Nº 3


Nº 4


Nº 5

_______________________________

E, finalmente, observa as pinturas. Cales delas se encadrarían na arte románica e cales na gótica? En que te baseas para responder en cada caso?



Nº 1


Nº 2


Nº 3


Nº 4



Nº 5







domingo, 18 de febrero de 2024

 AS MOMIAS DO antigo exipto

Terceira e última entrada de 2ª avaliación. Nesta ocasión viaxamos no tempo para trasladarnos ao antigo Exipto, e unha da prácticas relixiosas para máis no sorprendeu: embalsamar os cadavres para acadar a vida do alén, porque o exipcioas creían na vida despois da morte. Para saber máis desta práctica, xa explicada na aula, pincha o no seguinte enlace e visiona este documental de 14 minutos. Vaite sorprender!



Logo contesta ás seguintes preguntas [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: AS MOMIAS DO  ANTIGO EXIPTO". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o vindeiro luns 26 febreiro

**************************

Exercicio nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Segundo o vídeo: canto días podía levar o traballo de embalsamento? 

2. Como e por onde retiraba o cerebro aos cadavres? 

3. E como practicaban a retirada dos órganos interno no corpo? 

4. Como se procedía cos órganos, unha vez retirados?

5. O embalsamento era moi caro. Cantos cartos podía supoñer o ritual funerario entre embalsamamento e carauta para o defunto? 

6. Cando non había diñeiro, moitos cadavres eran soterreados baixo as areas do deserto. Por que razón elexían ese lugar para o soterramento? 

7. Que deuses (se mencionan no vídeo) interviñan tamén no tribunal de Orsiris? 


 

Un intre do proceso de momificación

Exercicio nº 2.- Contesta se son verdadeiras ou falsas a seguintes afirmacións en relación co vídeo:

a) Para entrar no mundo do alén o defunto tiña que someterse a un triubnal conformado por 42 xuíces.

b) O Museo de O Cairo conta con 11 momias do antigo Exipto. 

c) No proceso de embalsamento o órgano que de rexeitaba era o fígado, 

d) Para amortaxar unha momia empregánbase sobre 500 metros de vendas,

 


miércoles, 14 de febrero de 2024

 A UNIÓN EUROPEA


Nova entrada do blogue, nesta ocasión para coñecer por dentro a Unión Europea desde España, o que non aporta Europa, o que nos costa, os retos que a U. E. ten ante si. Para iso ofrecemos un video de TVE cunha duración de apenas 3 minutos. Para velo pincha no seguinte enlace:



Logo de escoitar ver o vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  "A UNIÓN EUROPEA. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  luns 26  de febreiro.



EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

    1. Segundo o vídeo: cal era a razón de orixe para creación dunha organización que aunara aos países de Europa?
2.    Que tratado deu lugar a creación da CECA? Que  dúas materias produtos centraban o acordo para a creación deste organismo?
3.    Que dúas institución manciona o vídeo e que nos no explicamos na aula?
4.    E que outra insticución da U.E. explicamos nós es clase, e non se menciona no vídeo?
5.    Segundo o vídeo: Cales os os dous países que pesan máis a hora de tomar decisións na Unión Europea? Por que crees que teñen máis peso que o resto?
6.    O vídeo fala do temor a un “cabalo de Troia” dentro de U.E.. Primeiro: Que entendes pola expresión “cabalo de Troia? E segundo: c cal esse cabalo de Troia que apunta o vídeo?


Sinatura do tratado de adhesión de España á U.E.

   EXERCICIO Nº 2.- Contesta con Verdadeiro o Falso as seguintes firmación relacionadas co vídeo
a)    A toga dos xuíces da Tribunal de Luxemburgo son de cor azul
b)  Cando se cita o Tratado de Roma aparecen en pantalla a estatua ecuestre do emperador romano Marco Aurelio
c)    Gran Bretaña entra en 1973 xunto con Irlanda de Islandia
d)    As primeiras eleccións ao Parlamento Europeo celebráronse en 1979.
e)   
Cando refire que España entrou na CEE que xefe de estado aparece en imaxe o rei Felipe VI 




lunes, 5 de febrero de 2024

"A BOLSA OU A VIDA!!" 

(4º ESO)

O que aquí propoñemos é un TRABALLO PRÁCTICO para entender como funciona a bolsa e para comprender mellor o seu impacto na crise de 1929. Seguindo as pautas explicadas en clase trátase de facer un investimento, seguimento das accións e realizando un balance final de resultados.


Imaxe do interior de Bolsa de Madrid en plena actividade

      NORMATIVA

1.    Dispós de 15.000 euros para invertir

2.    Cada inversor debe presentar a cadrícula con todos os datos de compra, debidamente cumprimentados o xoves 15 de febreiro na sesión de Historia, cos datos de compra que figuren a esa hora, e seren colocadas acto seguido na tabuleiro de aula.

3.    Débense mercar un mínimo de 3 valores e un máximo de 5

4.   O seguimento diario debe efectuarse ás 11,20 horas nos ordenador da aula (con permiso do mestre). Acto seguido, anota o prezo da acción á esa hora na túa cadrícula do tabuleiro.

5.    Pódense vender e cambiar valores. Admítese un máximo de 3 cambios, os cales debes efectuar no momento no tabuleiro


A continuación, tal e como explicamos en clase, figura a plantiña orientativa que tes que desenvolver. Lembra: empezamos cumplimentando a plantiña cos datos o 15 de febreiro. Logo imos actualizando na plantiña ao día (11,20 horas). Remataremos o traballo o día 28 de febreiro. Logo completa os balances e escribe a valoración final (por que elexiches esos valores, cal foi o teu balance económico, de que tomaches conciencia co traballo...), para entregar logo o traballo ao día seguinte, ante de fins de febreiro







Aproveitamos tamén para deixarche aquí un pequeno vídeo de 8 minutos de duración para analizar a crise actual en clave de humor británico. Non o perdas. Pincha no icono de play abaixo


viernes, 2 de febrero de 2024

 

COÑECE MUNDO… (3º ESO)


Nesta entrada retámoste a coller a maleta e coñecer os países do mundo de mans dunha viaxe virtual con 
POSSUMBLUE. Deste xeito servirache para saber localizar os países e capitais do listado que temos qu estudar neste primeiro tema de Xeografía. Engadido prantexámosche un reto para poder puntuar como actividade de blogue, se eres quen se superalo. Nesta ocasión, no só vale con presentarte: tes que acadar o reto.
Pincha nos enlaces que seguen e xoga para aprender a localizar os países. Decídete por un dos dous retos (ou acumula os dous: podendo obter 1, 2 ou 3 positivos... SUPEROFERTA!!!! 😊 😊 😋). As probas realizaranse o venres 16 de febreiro.


Reto 1 (+): Saber localizar sen erro algún os países e capitais de Europa.
Reto 2(++): Localizar os países de todos os continentes acadando un mínimo dun 80% de acertos.








_____________________