sábado, 11 de noviembre de 2023

 Memoria de España:

“Á SOMBRA DA REVOLUCIÓN”
 
Estamos a traballar na aula o tema de “España no s. XIX”. Nel arrancamos co reinado de Carlos IV e Fernando VII, que protagonizaron a caída do absolutismo en España. Para evocar ese tempo, que coincide cos anos da Revolución Francesa e invasión francesa de España que deu lugar á Guerra de Independencia, propoñémosche visionar o seguinte vídeo da serie “Memoria de España” emitido por TVE. Duración: 43 minutos. Para velo, pincha no seguinte enlace:
 
 

Despois do visionalo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: “Á SOMBRA DA REVOLUCIÓN”. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o  martes 21 de novembro á 3ª hora da mañán. Ánimo...!!
 
A familia real de Carlos IV (Goya)
 
EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Quen foi o instigador do motín contra Manuel Godoy e o propio Carlos IV? 
2. Los “Reales Lugares”, era os pazos nos que a monarquía ía viviendo segundo as estacións. En cales vivien ao longo do anos e en que estación?
3. Que se acorda na Paz de San Ildefonso?
4. En que batalla naval se enfronta a escadra franco-española contra a armada inglesa? Que tres importantes mandos na flota española morren na nesa batalla?
5. Que cadro se amosa no vídeo cando se relata o secuestro da familia real que, por parte de Napoleón, era obrigada a deixar Madrid? E que outro se amosa cando o levantamento do 2 de maio de 1808 contra a ocupación francesa?
 
Pazo Real de Aranxuez

 
EXERCICIO Nº 2.- Elixe a resposta correcta a cada afirmación (na foto Fernando VII)
1.    A principal afición de Carlos IV era
a)    A caza
b)    A equitación
 
2.    O almirante inglés Nelson finou
a) Envenenado polos servizos secretos de Napoleón
b) Loitando na Batalla de Trafalgar
 
3.    A "Guerra das Laranxas" foi
a)    Un levantamento armado en Valencia
b)    Unha guerra entre España e Portugal
 
4. Manuel Godoy ascendeu rápido na carreira militar sendo nomeado
a)    General
b)    Teniente general
 
5.    Luis XVI de Francia e Carlos IV de España eran:
a)    Tío e sobriño respectivamente
b)    Primos

 
EXERCICIO Nº 3.- Cales dos seguinte cadros de Goya non aparececen no vídeo:

A carga dos mamelucos

A pita cega

O globo

A maxa espida

O pelele

Fusilamentos do 2 de maio

O rei Carlos III

A familia de Carlos IV

O coloso