domingo, 28 de abril de 2024

 O SECTOR SECUNDARIO

Penúltima entrada do curso en 3º de ESO, centrada nesta caso no tema que estamos abordando na aula sobre o sector secundario. Para iso presentámoche dous pequenos vídeos:





Logo de visionar os vídeos realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: O SECTOR SECUNDARIO". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  venres 3 de maio.

_________________________

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Que enerxías alternativas de futuro nos presenta o vídeo?
2. Para cando se calcula que maior parte de enerxía que consumamos no planeta será alternativa?    3. Cales son as ventaxas destas fontes de enerxía?
4. En que consiste a enerxía osmótica? E a enerxía urdimotriz?
5. Coas túas propias palabras: que entendes por “deslocalización industrial”?
6. No vídeo de Los Simpson: A onde decide o Sr. Burns a trasladar a súa central nuclear? Por que razón toma esta decisión?
7. Cal é a consecuencia que se vai derivar para o villa de Sprinfield?
8. Explica ti outras causas que levan á deslocalización industrial?
9. E que outras consecuncias se poder derivar da deslocalización industrial?
 


ACTIVIDADE Nº 2.- Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións (en caso de "falso" sinana a razón):
a) O mar será o lugar de onde se obterá moita enerxía no futuro
b) O outro lugar de onde buscaremos obter enerxía será o espazo exterior
c) A familia Simpsons ten que deixar de abonar á canle de pago de televisión
c) Para presentarlles a súa decisión o Sr. Burns tira dunha presentación en power point
 



jueves, 18 de abril de 2024

 A MORTE DE XULIO CÉSAR

 

Penúltima entrada do blogue no curso. Nesta ocasión, aproveitando que estamos a traballar na aula o Imperio Romano, toca visionar dous pequenos vídeos que che servimos sobre a morte dun dos personaxes máis importantes dese imperio: Xulio César.
 
 

 



Logo de visionar os dous vídeos e investigar un chisco, realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “A MORTE DE XULIO CÉSAR”. Enmarca o devandito título e colorea logo ese cado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección en aula será o xoves 25 de abril.
_____________________

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás seguintes cuestións:

1. Onde e cando foi asesinado  Xulio César? (podes velo nos vídeos: indica día, mes e ano)
2. Por que razón foi asesinado Xulio César?
3. Nada máis entrar no Senado, un senador aborda a Xulio César: que lle pide?
4. No vídeo do programa “El Condensador de Fluzo”, apúntase o número de homes participaron naquel complot: cantos? Que deles foi o promotor daquel complot?
5. Cantas puñaladas lle deron a Xulio César?
6. Xulio César foi famoso polo éxito nas súas campañas militares: en Exipto, Asia Menor, N. de África… E que outro lugar se cita en Europa?
7. No vídeo da película, un último senador dalle a puñalada de gracia, cando Xulio César estaba moribundo no chan. En relación aos dous vídeos e o que poidas investigar: quen pensas que foi ese último personaxe ao que lle dan un puñal para rematalo?



Estatua de Xulio César
 
ACTIVIDADE Nº 2.- Sinala de son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) Na película Xulio César atopábase sentado cando foi abordado para matalo.
b) Nun último xesto Xulio César tratou de taparse o rostro coa súa toga para que non viran o seu rostro cando finara.
c) No vídeo de “El Condensador de Fluzo” Bruto recibe unha misiva na man onde figura escrito: “A mi prima le molas”.
d) Bruto era en realidade fillo de Xulio César.

e) Xulio César foi o primeiro emperador de Roma.
 
 

lunes, 15 de abril de 2024

Penúltima entrada do curso, que trata sobre unha das consecuencias dos impactos ambientais, de interese en Educación para a Saúde. Nesta ocasión é unha reportaxe xornalística que che debe levar a reflexionar sobre as consecuencias do que fas cada verán. Lembra de traballar isto no caderno como nos anteriores blogues, retulando título, enmárcalo e coloréalo. E, por suposto copiar a preguntas e contestar sempre con parte do enunciado. Lembraraste de facelo ben esta vez?

A data de presentación e correción na aula é o xoves 25 de abril
 
Crece el cáncer de piel a pesar de que se recupera la capa de ozono
 
Fonte: xornal “La Razón” (25/01/2023)
 

“La Organización Meteorológica Mundial y el Programa de las Naciones Unidas para el Medio Ambiente (PNUMA) acaban de anunciar que el agujero que debilitaba desde hace años la capa de ozono, un gas que protege al ser humano de los efectos sobre la piel, y los ojos, de los rayos del sol ultravioletas, remite, y que para 2060 podría recuperarse completamente. Sin embargo, los médicos advierten: «No hay que bajar la guardia a pesar de esta buena noticia».
El agujero se descubrió a finales del siglo pasado y enseguida saltó la alarma. Había que reforzar la protección a la hora de exponerse al sol para evitar lesiones en la epidermis que podían ser graves, como el melanoma. Esta circunstancia se unió a la moda de estar bronceado. 

Cáncer y envejecimiento
«Los rayos ultravioletas están involucrados en dos efectos perniciosos para la piel: el cáncer de piel y el envejecimiento cutáneo, explica a A TU SALUD, Antonio Clemente, dermatólogo de la Academia de Dermatología y Venereología (AEDV).

Gracias a las medidas que se tomaron a nivel global a partir de 1987 con la eliminación de 96 sustancias responsables de que creciera el agujero en la capa de ozono situado en la estratosfera se ha logrado que remita. La pregunta ahora es: ¿Puede entonces la humanidad relajarse a la hora de exponerse al sol sin temer consecuencias para la salud? Un estudio publicado en la revista «ACS Earth and Space Chemistry» y realizado por científicos del Centro Nacional de Investigación Atmosférica (NCAR) e ICF Consulting junto a la Agencia de Protección Ambiental de EEUU (EPA), que lo financió, concluye – en base a modelos matemáticos y a la restricción del uso de esos 96 químicos– que de seguir la misma evolución, la prevalencia de cáncer de piel en el futuro disminuirá. Sin embargo, el doctor Clemente asevera que esta conclusión «hay que cogerla con pinzas porque, en realidad, la incidencia del cáncer no ha bajado. Es más, no ha parado de aumentar en ningún momento».

Esta circunstancia se ha reflejado en diversos estudios, por ejemplo, en 
«Consideraciones sobre la capa de ozono y su relación con el cáncer de piel», publicado en la «Revista Médica de Chile» en 2006. Y es que el efecto protector de la capa de ozono es pequeño frente al aumento o disminución de los efectos de los rayos ultravioletas sobre la epidermis, por lo menos hasta la fecha, según explica este experto. Es cierto que diversos estudios estiman que un 1% de la disminución de este gas en la estratosfera podría llevar aparejado un aumento del cáncer de piel de entre un 1,2% y un 4%, según qué tipo de carcinoma se considere. pero Antonio Clemente matiza: «En realidad, en las últimas décadas, se ha observado un aumento de la incidencia de esta enfermedad muchísimo mayor y se sabe que esto ocurre por el aumento de la exposición recreativa al sol».
Afirma que puede que una parte, pequeña, de la prevalencia del cáncer de piel se debiera al agujero que creció en la capa de ozono, pero esta consecuencia es «despreciable», en sus propias palabras, frente a los efectos que tiene la moda de broncearse.
 
Exposición intermitente
De hecho, el melanoma, que es el tipo de carcinoma más peligroso o el que más mata, se asocia a exposiciones intermitentes. «No es un tipo de cáncer que, en general, se asocie a personas que trabajan en el campo bajo el sol todo el año sino a aquellas que a lo largo del año no tienen una exposición demasiado intensa y que cuando llegan las vacaciones de verano se someten a sesiones agudas de bronceado. Esas situaciones son las que más aumentan la incidencia del melanoma. No porque sean solo quince días al año podemos confiarnos», advierte el doctor.

Además, «se ha observado que el uso de filtros solares no llega a disminuir la incidencia de cáncer de piel porque muchas de ellas, precisamente por haberse aplicado protección se confían y se someten a una exposición más intensa y en las horas con mayor riesgo, como el mediodía», señala.
Los filtros retrasan la quemadura solar, lo que permite estar más tiempo al sol, y ese es el problema, según Clemente. Insiste en que «el fotoprotector es por si te da el sol, no para tomar el sol». Añade que los filtros solares son una protección adicional y que está demostrado que las personas no se lo aplican adecuadamente. «La mayoría se ponen menos cantidad de lo que se debiera y mal», asevera. Y todo ello, aunque sean productos de protección 50...


_____________________________


ACTIVIDADE Nº 1.- Logo de ler contesta ás seguintes cuestións:
1. Que nova nos da esta reportaxe en relación coa capa de ozono?
2. Que danos ocasiona sobre a pel a exposición ao sol?
3. Cal é o tipo de cáncer de pel que máis mata?
4. Cal é a verdadeira razón que se apunta na reportaxe sobre o aumento do cancro de pel?
5. Que dous erros adoitamos cometer cando nos aplicarnos un protector solar?
6. Que entendemos por “exposición intermitentes” e cal é o seu risco?

 
ACTIVIDADE Nº 2.- Reflexiona, opina e contesta:
1. Consideras que su proceder co sol é prudente ou imprudente? Por que razón e para que obras dese xeito?
2. Apunta dúas medidas que podes adoptar para minimizar o risco. Comprométeste con adopta algunha este verán? Cal ou cales?







 A CRISE DOS MÍSILES 


Penúltima entrada do blogue no curso. En outubro de 1962 o mundo ponse ao borde do abismo dunha guerra nuclear co episodio álxido da guerra fría: a crise dos mísiles en Cuba. Unha situación que cabe remomerar e comprender, dado risco da guerra de Ucraína, que pode semella anunciar o regreso dunha Guerra Fría entre as superpotencias e o  risco nuclear. Nesta entrega do blogue, en consoancia co que vimos de traballar na aula, propoñémosche o visionado do seguinte documental sobre este feito. Para velo pincha no icono de play ou ben no enlace que aparece abaixo:
Logo de visionar o documental realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A CRISE DOS MÍSILES. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección en aula será o xoves 25 de abril na quinta sesión da mañán.


Rampas de lanzamento para misiles soviéticos en Cuba en 1962
ACTIVIDADE Nº 1: Resposta con brevidade ás seguintes cuestións.-
1. O documental empeza poñéndonos en antedentes coa chegada de Fidel Castro ao poder en Cuba. Que ditador cubano foi derrocado pola revolución de Castro?
2. Que presidente norteamericano concibe en orixe o plan de invadir Cuba cun exército de exiliados cubanos? Cantos exiliados participaron naquela operación e en que país foron entrenados pola CÍA?
3. Estaba previsto que a invasión de Bahía Cochinos contara co apoio dun ataque aéreo norteamericano. Por que cancelou Kennedy a última hora ese ataque cando os exiliados estaban xa desembarcando na illa?
4. Durante o verán de 1962 os soviéticos inician o traslado de soldados e mísiles nucleares a Cuba. Cantos barcos e cantos soldados soviéticos se calcula se estaban dirixindo a Cuba?

Xuntanza de Estado Maior na Cssa Branca con J. F. Kennedy
5. Que tipo de avión espía estadou-nidense fotografía a construcción de rampas de lanzamento e que día concreto de outubro?
6. Coñecedores do que estaba ocurrindo na illa, Kennedy reúne ao seu Estado Maior. A medida que semella ter máis forza naquela primeira reunión é un bombardeo da Cuba, pero rexeitase. Que argumenta Robert Kennedy para desbotar o bombardeo?
7. Finalmente imponse un bloqueo (ou cuarentena). Os soviéticos protestan, baixo que argumentos? Cal era o nome do petroleiro que levaba petróleo soviético e que doi detido e rexistrado naquel operativo de bloqueo?
8. Que suceso acaecido na illa elevou aínda máis a tensión o 27 de outubro?
9. Baixo que condicións -incluidas as segredas- chegaron Kennedy de Kruschev a un acordo para pechar aquela crise? 

ACTIVIDADE Nº 2: Analiza e opina.-
Saúdo entre Kruschev (esquerda) e Kennedy (dereita)
1. Segundo se desprende da primeira parte do documental: que razóns motivan que Estados Unidos tente derrubar a Fidel Castro?
2. Compartes a opinión de Castro na parte final na cal se mostra indignado co acordo que el califica de "bochornoso"? Por que cres que ten esa opinión?