domingo, 17 de septiembre de 2023

Cine en familia... LUTERO


Primeira entrada do blogue en 3º de ESO par ao curso 2023-24. Acabamos de traballar no primerio tema do curso ( "Os inicios da Idade Moderna") a Reforma protestante, a cal supuxo a ruptura do Cristianismo en Europa Occidental. Unha ruptura que se mantén hoxe, con igrexas cristianas que se afastaron da doutrina de Roma. Para reforzar este contido centramos esta primeira entrada do blogue na figura de Martiño Lutero, que abreu esta fenda histórica. Para iso visiona a seguinte película, que data do ano 2003 e que ten unha duración de 1 hora de 58 minutos. Para vela pincha abaixo no icono de play (ou no enlace directo que dispoñemos). Ah! Prepara as palomitas, un refresco... e disfruta do cine...
 

Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": LUTERO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres, 29 de setembro. Ánimo!!...


Lutero colocando ás 95 teses na
porta de Wittemberg
ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Enumera feitos, actos ou crenzas da Igrexa que Luetro denuncia como erros na primeira parte da película, e que van facendo que el se reprantexe a súa fe. 
2. Quen é do príncipe alemán que protexe a Lutero no seu enfrontamento co Papado? 
3. Que lle esexían a Lutero  en Worms, cando este se citou co emperador? 
4. Quen secuestra a Lutero despois de marchar de Worms e por que razón? 
5. A que adica a súa labor Lutero, mentras estivo confinado (encerrado)? 
6. E una última:  A quen adicou Lutero a súa Biblia traducida ao alemán? 


Fotograma da película
ACTIVIDADE Nº 2: Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións, relacionadas coa película.-
1. Lutero casou cunha antiga monxa.
2. Segundo se afirma na película, nas revoltas en favor de Lutero morreron entre 50.000 e 100.000 personas, na súa maioría campesiños.
3. Na película vese a escena velando o cadavre do Papa Paulo VI. 
4. Cando abandona o seu confinamento, Lutero sae disfrazado de campesiño.
5. No intre de recibir a bula de excomunión Lutero ráchaa coas mans en público. 

ACTIVIDADE Nº 2: Investiga.-
Outro fotograma da película
1. Cal era o nome do emperador que aparece na película, e que relación tiña ese emperador con España? 

2. A película empeza coa primeira misa de Lutero en que é ordenado sacerdote, e remata 16 anos antes da súa morte. Por tanto: En que ano do calendario debe arrancar a película, e en que ano remata?







No hay comentarios:

Publicar un comentario