miércoles, 17 de enero de 2024

   O REXICIDIO DOS ROMANOV


A familia Romanov co tsar Nicolás II
En 1917 estoupa a Revolución Rusa, a cal contempla dous espasmos violentos: un en febreiro e outro no mes de outubro. Neste último os bolxeviques, liderados por Lenin, protagonizan un golpe de estado e fanse co poder na capital (San Petersburgo), e logo co dominio das principais cidades. Pero as forzas antibolxeviques fanse fortes no mundo rural desde onde tratan de organizar a contrarrevolución. Aquela situación dexenera nunha guerra civil, que dura ata 1921. Un dos episodios máis cruentos desa guerra foi a execución do tsar Nicolás II maila a sua familia (pertencente a dinastía dos Romanov) xunto co seu servizo doméstico.
Escoita o audio que che propoñemos para coñecer máis a fondo este episodio. É un adiodocumental de pouco máis de 20 minutos extraído da sección "Pasaxes da Historia" do programa de Onda Cero "A Rosa dos Ventos", relatado polo locutor - tristemente finado- Juan Antonio Cebrián.

Logo de escoitar o audio, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE": O REXICIDIO DOS ROMANOV. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  xoves 25 de febreiro.


O tsar Nicolás II
ACTIVIDADE Nº 1: Debuxa.-
Debuxa na libreta un mapa de Rusia. Sitúa nel as cidades de San Petersburgo, Moscova e Ekaterinburgo, xunto cos mares Báltico, Negro e Caspio, máis os Montes Urais. Colorea de azul os mares, de verde claro o territorio ruso e e castaño a zona que ocuparía os montes Urais

ACTIVIDADE Nº 2: Resposta.-
1. Como se chamaba a filla dos Romanov que dicía lenda pudo ter sobrevivido ao rexicidio?
2. Con que pretexto foi baixada a familia do tsar de noite ao sótano no que ían ser executados?


Anastasia Romanov
3. Que enfermidade padecía o "zarevich" (único fillo varón e por tanto herdeiro)?
4. Que fixeron cos corpos?

ACTIVIDADE Nº 3: Opina.-
1. Por que pensas ti que os bolxeviques decidiron asasinar aos Romanov?
2. Optarías ti por outra solución coa familia tsarista ou pensas que naquela situación era irremediable tal fin? (extensión mínima: 3 liñas)






No hay comentarios:

Publicar un comentario