lunes, 6 de mayo de 2024

ENTREVISTA ENTRE HITLER E FRANCO



Última entrada do curso 2023-24 para entreterse aprendendo. En outubro de 1940, Hitler e Franco mantiñan unha entrevista na estación de tren da localidade do País Vasco Francés de Hendaya, preto da fronteira con España. O obxecto da mesma era negociar a posible entrada de España na II Guerra Mundial en favor do Eixe. Nesta entrega do blogue propoñémoche viaxar no tempo ata ese feito da man da serie de ficción "O Ministerio do Tempo".. Neste caso remitímonos ao capítulo 3 da pirmeira tempada, baixo o título "Como se reescribe o tempo". Nel os seus protatonistas, Amelia, Xulián e Alonso, axentes deste peculiar ministerio, deben viaxar ao pasado cunha misión moi especial: evitar que cristalice o acordo entre Hitler e Franco, porque se o fai, a Historia tería cambiado moito. Para ver este capítulo pincha no seguinte enlace:


Logo de visionar o capíulo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título ACTIVIDADES DE TEMA: O MINISTERIO DO TEMPO. COMO SE REESCRIBE O TEMPO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. 
Presentar e correxir na aula o xoves 16 de maio.

******************************

Saúdo entre Hitler e Franco en Hendaya
ACTIVIDADE Nº 1: Resposta con brevidade ás seguintes cuestións.-
1. Nun momento do capítulo enuméranse as demandas territoriais que Franco prantexaba a Hitler para entrar na II Guerra Mundial. En concreto, cales eran?
2. Que líder nazi se traslada a Madrid e logo a ao mosteiro de Montserrat? Segundo a ficción da serie: que buscaban realmente os nazis en Montserrat?


Imaxe actual do mosteiro de Montserrat
3. Dous comandos do Ministerio do Tempo viaxan ata 1940. Cal era a misión de cada un deles?
4. Segundo se argumenta no capítulo: Por que era perigoso que os nazis descubriran as portas do tempo a viaxaran ao futuro?
5. Un axente do ministerio estaba infiltrado naquel vagón de tren onde se reuniron Hitler e Franco. Que labor desempeñaba durante a entrevista?
6. Un dos comandos ao ver todo perdido tenta matar a Hitler. Como ía facelo?
7. Por que razón Hitler ía aceptar tódalas peticións de Franco? E por que razón da marcha atrás na última hora?
8. O director do Ministerio insta a Himmler a que telefonee a Hitler para informalo de que "todo foi un soño" e que as portas do tempo non existen. Baixo que ameaza o forza a realizar esa chamada?


Himmler na súa chegada a Montserrat
ACTIVIDADE Nº 2: Distingue entre realidade e ficción.-
Das seguinte afirmacións relacionadas co capítulo indica cales son realidade e cales son ficción:
1. Na súa visita a España Himmler viaxou directamente a Madrid para tratar asuntos relacionados coa entrevista Hitler-Franco e coas relacións hispano-xermanas.
2. Himmler estivo en Montserrat na procura do Santo Grial.
3. O traductor Álvarez de Estrada, que estaba previsto acompañara Franco na entevista con Hilter, non puido estar presente nela por unha indisposición.
4. Ao final da entrevista Hitler rompeu os papeis e non houbo acordo algún para a entrada España na guerra.


ACTIVIDADE Nº 3: Investiga.-
1. Un famoso pintor español aparece refrexado na capítulo queixándose do mal que están restaurando os seus cadros no futuro. Quen é ese pintor? En que século vivíu? Cal é o título do cadro que lle ensina Xulián, Amelia e Alonso, como exemplo de mala restauración?
2. Cal era o cargo de Himmler na Alemaña nazi? 
3. Que é o Santo Grial?


ACTIVIDADE Nº 4: Opina.-
Se poideras viaxar por un momento no tempo: a que época da historia de España o farías? E que época evitarías a toda costa? Xustifica as respostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario