lunes, 4 de diciembre de 2023

 “NAPOLEÓN” (ENTRADA EXTRA)


Propoñemosche ver en familia ou cos teus amigos a película “Napoleón” de Ridley Scott, que está estos días no cine de Vigo. A partir de vela, verás esta historia con outros ollos. Aproveita a oportunidade e, se a ves, realiza as actividades que se propoñen. Contabiliza como actividade extra e, por suposto, voluntaria. En folio ou folla de libreta realiza as actividade propostas, e nun lado incorpora unha ilustración de Napoleón. Remite o traballo en foto por correo electrónico. Dispós de prazo ata o domingo 10 de nadal ás 14 horas.




ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións.-
1. A película iniciase cunha execución: quen ía ser executado?
2. En que país fora de Europa se ve a Napoleón nunha das suas campañas militares?
3. Por que razón regresa apresudamente a Francia tras esa campaña?
4. A película deixar entrever un gran amor entre Napoleón e Josefina. Pero o seu matrimonio rómpese: por que razón?
5. Na batalla de Watterloo, a película amosa a un soldado británico tendo a Napelón na mirilla: cando dispara, que dano lle causou a munición a Napoelón?





 


ACTIVIDADE Nº 2.- En relación ao traballado en clase, contesta:
1. Cal das famosas campañas de Napoleón abordadas en clase non se amosa nada na película?
2. Que outra gran batalla nomeada nos apuntamentos non aparecen na película?
3. A película non incide nada no labor lexislativo de Napoeón que asentou e tratou de exportar a outras estados. O groso das súas leis está recollidad no Código Civil: que era? Cales eran a esencia desas leis que contiña o seu Código Civil. 





ACTIVIDADE Nº 3.- Opina:
1. Que rasgos da personalidade de Napoleón se acentúan na película?
2. Cal entendes que foi o legado de Napoleón para a historia de Europa? Noutras palabras: que foi o bo, e que foi o malo que supuxo o labor Napoleón?
3. A morte de Napoleón: como morre e a causa de que? Como valoras a escena final en alusión á sua morte?


***********************

ANTES DE VER A PELÍCULA RECOMENDÁMOSCHE LER A APUNTAMENTO DE 4º DE ESO que servimo aqui abaixo. En cor azul arranca o previo a Napoleón, para comprender o momento, previo que tamén vemos na película. Lógo ségue o mometno explícito de Napoleón no poder

 

3. A REPÚBLICA (1792-99).-

Francia proclamara por primeira vez na súa historia unha república, un modelo sen rei.

 

3.1. A República democrática: A Convención (1792-95).-.

A nova asemblea republicana foi elexida por sufraxio universal e recibiu o nome de Convención. Nun primeiro momento esa Convención estivo controlada polos xirondinos (de setembro de 1792 a xuño de 1793). Foi nesta etapa cando se levou a cabo o xuizo contra o Luis XVI que, acusado de traizón, foi condeado a morte e executado na guillotina en xaneiro de 1793. Meses despois tamén foi executada a súa muller, Mª Antonieta.

A execución do rei provocou unha reacción en Europa. Varios países coaligáronse e uníronse a Austria na invasión de Francia. No interior, as revoltas contrarre-volucionarias multiplicáronse. A revolución estaba máis que nunca en perigo. 

Así, en xuño de 1793 os xacobinos (liderados por Robespierre, Danton, Marat, Saint-Just), fixéronse co poder dentro da Convención. De seguido impulsaron unha serie de reformas radicais co obxecto de salvar a revolución. Entre esas reformas destacaron as seguintes: 

-       Proclamouse a Constitución de 1793, a cal establecía a república e o sufraxio universal.

-    Decretaron as levas en masa, isto é, o reclutamento forzoso da poboación para crear un exército numeroso en condicións de afrontar a guerra. Gracias a isto a guerra empezou a cambiar de sino.

-       No interior impulsaron a política do Terror, pola cal se suspenderon as libertades e proclamáronse uns tribunais revolucionarios especiais, que castigaba coa pena de morte aos sospeitosos de ser contrarrevolucionarios. Os bens dos exectuados eran requisados e distribuidos entre os indixentes.

-      Requisáronse alimentos de primeira necesidade para ser racionados e fixáronse prezos máximos de venda para eles.


Cos xacobinos a revolución foise radicalizando ata o extremo de dexenerar nunha auténtica ditadura, con Robespierre á fronte. O Terror salpicou a moitos membros da Convención, chegando incluso ata os xacobinos máis moderados que acabaron sendo tamén guillotinados (Danton), por terse atrevido a criticar ao goberno ou a Robespierre

Isto provocou a oposición crecente da alta burguesía e sectores moderados que se foron organizando para urdir un golpe de estado. Ese golpe triunfou en xullo de 1794 e derruba ao goberno xacobino. Os principais líderes xacobinos foron perseguidos e guillotinados (“Terror Branco”).


3.2. A República burguesa: O Directorio (1795-99).-

Tralo golpe de estado, a alta burguesía de carácter conservador voltou a tomar o control do goberno. Abreuse así unha nova etapa. Nela aprobouse unha nova constitución (Constitución de 1795) que restablecía o sufraxio censatario e outorgaba o poder executivo a un órgano de cinco membros, o cal recibe o nome de Directorio (de aí o nome da etapa). Pola súa banda, o lexislativo pasaba a mans dun parlamento bicameral (Consello dos Cincocentos e Consello de Anciáns).

Foi unha etapa intestable, de revoltas internas, mentras se mantiña a guerra cos outros países. Naquel ambiente o exército foi tomando cada vez maior protagonismo. Semellaba ser o único capaz de manter a orde e soster ao goberno. Dentro daquel exército empezou a destacar polas súas campañas vitoriosas sobre os inimigos un xoven xeneral: Napoleón Bonaparte. Apoiado pola burguesía, Napoleón deu un golpe de estado en 1799 e fíxose co poder. El dirixirá a política francesa durante os vindeiros quince anos, á vez que os seus exércitos ocuparán media Europa creando un gran imperio.

 

4. A FRANCIA NAPOLEÓNICA (1799-1814/15).-

Nun primeiro momento Napoleón mantivo a república. Suprimiu o Directorio e no seu lugar asumiu o goberno o Consulado, un organismo de tres persoas (cónsules), onde el exercía como primeiro cónsul (sistema que mantén entre 1799 e 1804).

No interior, promulga o Código Civil, un compendio de leis que garantía os principios liberais. A maiores, chega a un acordo co Papado para garantir o catolicismo en Francia, e que o goberno comprometíase a soster economicamente ao clero francés. Mentras, no exterior, Napoelón asina a paz con Austria e Inglaterra. Todo iso contribúe á estabilidade do réxime. 

En 1804 Napoleón proclama o Imperio (1804). Daquela fíxose coroar emperador dos franceses na catedral de Nôtre Dame en París. En adiante, todo o poder recaerá na súa persoa.

Daquela inicia unha campaña de conquistas, invadindo países e logrando alianzas con outros que se converten en satélites de Francia, á par que impoñía nesos territorios sistemas con principios liberais. Así derrota ao Imperio Austro-Húngaro e Prusia no centro de Europa, ao igual que a península itálica no sur. Mesmo tentou invasión de Inglaterra (foi primeiro derrotado na batalla de Trafalgar), e logon decretou o bloqueo continental das Illas Británicas, para tentar afogalas económicamente. Asimesmo, en 1808 emprende a conquista de España, e en 1812 suma a campaña de Rusia. Daquela, Napoleón tiña boa parte de Europa no seu poder. Era o momento álxido do seu imperio. 

Pero en España a conquista vaise transformando nunha longa guerra de liberación dos españois (Guerra de Independencia), que contará co apoio británico. Mentras, en Rusia, os exércitos napoleónicos chegan a ocupar Moscova. Pero pronto evidencian o fracaso neste país. Rusia viñera poñendo en práctica unha táctica de “terra queimada”, mesmo facendo arder Moscova ante a chegada do exército francés. O duro inverno do clima ruso fixo o resto. Sen apenas alimentos, e aterezido polo rigor do inverno, os exércitos napoléonicos tiveron que emprender a retirada. Daquela aparece o exército ruso para hostigar a retagarda das tropas francesas, causando estragos nela. Dos 691.500 soldados franceses que partiran para esta campañaa, só regresaron con vida 58.000. 

Finalmente unha coalición internacional derrotou aos exércitos napoleónicos na batalla de Leipzig (1814). Daquela, Napoleón foi deposto e deportado á illa de Elba no Mediterráneo. Aínda así, logrou fugarse e, alentado polos seus, retornou a París facéndose de novo co poder. Pero as potencias extranxeiras, coaligadas outra vez, declararon a guerra a Francia, e derrotaron definitivamente aos exércitos napoleónicos na batalla de Watterloo (1815). Napelón mantivérase no poder nesa fase apenas 100 días. Confinado de novo, esta vez á illa británica de Santa Elena, no Atlántico, Napoleón vivíu baixo vixiancia inglesa ata a súa morte (1821).         



No hay comentarios:

Publicar un comentario