jueves, 7 de diciembre de 2023

 PASEO POLA CIDADE MEDIEVAL

Damos un paseo pola cidade da Baixa Idade Media, vinculado ao tema que vimos de rematar na aula. Facémolo de mans de Canle Historia, cun documental de 14’52’’ minutos. Para velo pincha aquí abaixo no icono de play para visionalo, coñecer máis a engadir méritos para esta segunda avaliación que que arrancamos aquí:
 



Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE:  A CIDADE NA BAIXA IDADE MEDIA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o luns 18 de nadal 


ACTIVIDADE  Nº 1: Proba que estiveches atento contestando as seguintes curiosidades.- 
1. Cantos quilómetros apunta o vídeo debían percorrer, como moito, os mercaderes na ruta cada día?
2. As murallas eran un elemento que identificaba á cidade medieval. A través das súas portas accedíase á cidade. A pregunta é: a que hora abrían e se pechaban as portas da muralla?
3. Que artiluxio relacionado coa medición do tempo adquire protagonismo na cidade a partir do s. XIII, e onde estaba situado?
4. Na cidade medieval proliferan moito as tabernas, onde comía, bebía e xogaba a xente. Cal era o principal xogo nas tabernas que se apunta no vídeo?
5. Como non había rede de sumidoiros: cal era a alternativa para facer cada quen as “necesidades” na cidade?
6. Que institución, se afirma no vídeo, autogobernaba a cidade?
7. Apunta o vídeo que a cidade promove o asociacionismo. Que entidade asociativa coñeces ti que xurdira nesta época? En que consistían?


Unha imaxe da cidade medieval refrexada polo cine

ACTIVIDADE  Nº 2: Describe.-
A raíz do vídeo escribe un texto de tres liñas no que describas de xeito claro a cidade e a vida na cidade medieval. (No foto, a cidade de Ávila hoxe, que conserva as súas murallas medievais)
 
ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionada co vídeo.-
a) Nas portas das murallas adoitaba cobrarse unha peaxe aos mercaderes que entraban para vender mercadurías.
b) No vídeo describe o burgo dos arredores das murallas, onde vivía a burguesía.
c) Na Baixa Idade Media, cobrou importancia a faceta urbanística para facer crear a cidade de xeito ordeado.
d) Na cidade medieval a xente adoitaba pasar moito tempo na rúa.
e) Ideouse xa un ascensor rudimentario para evitar as escaleiras e poder subir os residente sasí ás planta altas.
f) A cidade era símbolo de maior libertade para as súas xentes.
g) Un bloque de casas podía chegar a ter conco ou seis prantas.


A feiras medievais son hoxe un atractivo turístico para as cidades con historia da época


No hay comentarios:

Publicar un comentario