jueves, 18 de abril de 2024

 A MORTE DE XULIO CÉSAR

 

Penúltima entrada do blogue no curso. Nesta ocasión, aproveitando que estamos a traballar na aula o Imperio Romano, toca visionar dous pequenos vídeos que che servimos sobre a morte dun dos personaxes máis importantes dese imperio: Xulio César.
 
 

 



Logo de visionar os dous vídeos e investigar un chisco, realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “A MORTE DE XULIO CÉSAR”. Enmarca o devandito título e colorea logo ese cado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección en aula será o xoves 25 de abril.
_____________________

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás seguintes cuestións:

1. Onde e cando foi asesinado  Xulio César? (podes velo nos vídeos: indica día, mes e ano)
2. Por que razón foi asesinado Xulio César?
3. Nada máis entrar no Senado, un senador aborda a Xulio César: que lle pide?
4. No vídeo do programa “El Condensador de Fluzo”, apúntase o número de homes participaron naquel complot: cantos? Que deles foi o promotor daquel complot?
5. Cantas puñaladas lle deron a Xulio César?
6. Xulio César foi famoso polo éxito nas súas campañas militares: en Exipto, Asia Menor, N. de África… E que outro lugar se cita en Europa?
7. No vídeo da película, un último senador dalle a puñalada de gracia, cando Xulio César estaba moribundo no chan. En relación aos dous vídeos e o que poidas investigar: quen pensas que foi ese último personaxe ao que lle dan un puñal para rematalo?



Estatua de Xulio César
 
ACTIVIDADE Nº 2.- Sinala de son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) Na película Xulio César atopábase sentado cando foi abordado para matalo.
b) Nun último xesto Xulio César tratou de taparse o rostro coa súa toga para que non viran o seu rostro cando finara.
c) No vídeo de “El Condensador de Fluzo” Bruto recibe unha misiva na man onde figura escrito: “A mi prima le molas”.
d) Bruto era en realidade fillo de Xulio César.

e) Xulio César foi o primeiro emperador de Roma.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario