lunes, 15 de abril de 2024

 A CRISE DOS MÍSILES 


Penúltima entrada do blogue no curso. En outubro de 1962 o mundo ponse ao borde do abismo dunha guerra nuclear co episodio álxido da guerra fría: a crise dos mísiles en Cuba. Unha situación que cabe remomerar e comprender, dado risco da guerra de Ucraína, que pode semella anunciar o regreso dunha Guerra Fría entre as superpotencias e o  risco nuclear. Nesta entrega do blogue, en consoancia co que vimos de traballar na aula, propoñémosche o visionado do seguinte documental sobre este feito. Para velo pincha no icono de play ou ben no enlace que aparece abaixo:
Logo de visionar o documental realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A CRISE DOS MÍSILES. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección en aula será o xoves 25 de abril na quinta sesión da mañán.


Rampas de lanzamento para misiles soviéticos en Cuba en 1962
ACTIVIDADE Nº 1: Resposta con brevidade ás seguintes cuestións.-
1. O documental empeza poñéndonos en antedentes coa chegada de Fidel Castro ao poder en Cuba. Que ditador cubano foi derrocado pola revolución de Castro?
2. Que presidente norteamericano concibe en orixe o plan de invadir Cuba cun exército de exiliados cubanos? Cantos exiliados participaron naquela operación e en que país foron entrenados pola CÍA?
3. Estaba previsto que a invasión de Bahía Cochinos contara co apoio dun ataque aéreo norteamericano. Por que cancelou Kennedy a última hora ese ataque cando os exiliados estaban xa desembarcando na illa?
4. Durante o verán de 1962 os soviéticos inician o traslado de soldados e mísiles nucleares a Cuba. Cantos barcos e cantos soldados soviéticos se calcula se estaban dirixindo a Cuba?

Xuntanza de Estado Maior na Cssa Branca con J. F. Kennedy
5. Que tipo de avión espía estadou-nidense fotografía a construcción de rampas de lanzamento e que día concreto de outubro?
6. Coñecedores do que estaba ocurrindo na illa, Kennedy reúne ao seu Estado Maior. A medida que semella ter máis forza naquela primeira reunión é un bombardeo da Cuba, pero rexeitase. Que argumenta Robert Kennedy para desbotar o bombardeo?
7. Finalmente imponse un bloqueo (ou cuarentena). Os soviéticos protestan, baixo que argumentos? Cal era o nome do petroleiro que levaba petróleo soviético e que doi detido e rexistrado naquel operativo de bloqueo?
8. Que suceso acaecido na illa elevou aínda máis a tensión o 27 de outubro?
9. Baixo que condicións -incluidas as segredas- chegaron Kennedy de Kruschev a un acordo para pechar aquela crise? 

ACTIVIDADE Nº 2: Analiza e opina.-
Saúdo entre Kruschev (esquerda) e Kennedy (dereita)
1. Segundo se desprende da primeira parte do documental: que razóns motivan que Estados Unidos tente derrubar a Fidel Castro?
2. Compartes a opinión de Castro na parte final na cal se mostra indignado co acordo que el califica de "bochornoso"? Por que cres que ten esa opinión?



No hay comentarios:

Publicar un comentario