COÑECE MUNDO… (3º ESO)
Nesta entrada
retámoste a coller a maleta e coñecer os países do mundo de mans dunha viaxe virtual con POSSUMBLUE. Deste xeito
servirache para saber localizar os países e capitais do listado que temos qu estudar neste
primeiro tema de Xeografía. Engadido prantexámosche un reto para poder puntuar como
actividade de blogue, se eres quen se superalo. Nesta ocasión, no só vale con
presentarte: tes que acadar o reto.
Pincha
nos enlaces que seguen e xoga para aprender a localizar os países. Decídete por un dos dous retos (ou acumula os dous: podendo obter 1, 2 ou 3 positivos... SUPEROFERTA!!!! 😊 😊 😋). As probas realizaranse o venres 16 de febreiro.
Reto 1
(+): Saber localizar sen erro algún os países e capitais de Europa.
Reto
2(++): Localizar os países de todos os continentes acadando un mínimo dun 80%
de acertos.
_____________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario