domingo, 18 de febrero de 2024

 AS MOMIAS DO antigo exipto

Terceira e última entrada de 2ª avaliación. Nesta ocasión viaxamos no tempo para trasladarnos ao antigo Exipto, e unha da prácticas relixiosas para máis no sorprendeu: embalsamar os cadavres para acadar a vida do alén, porque o exipcioas creían na vida despois da morte. Para saber máis desta práctica, xa explicada na aula, pincha o no seguinte enlace e visiona este documental de 14 minutos. Vaite sorprender!



Logo contesta ás seguintes preguntas [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: AS MOMIAS DO  ANTIGO EXIPTO". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o vindeiro luns 26 febreiro

**************************

Exercicio nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Segundo o vídeo: canto días podía levar o traballo de embalsamento? 

2. Como e por onde retiraba o cerebro aos cadavres? 

3. E como practicaban a retirada dos órganos interno no corpo? 

4. Como se procedía cos órganos, unha vez retirados?

5. O embalsamento era moi caro. Cantos cartos podía supoñer o ritual funerario entre embalsamamento e carauta para o defunto? 

6. Cando non había diñeiro, moitos cadavres eran soterreados baixo as areas do deserto. Por que razón elexían ese lugar para o soterramento? 

7. Que deuses (se mencionan no vídeo) interviñan tamén no tribunal de Orsiris? 


 

Un intre do proceso de momificación

Exercicio nº 2.- Contesta se son verdadeiras ou falsas a seguintes afirmacións en relación co vídeo:

a) Para entrar no mundo do alén o defunto tiña que someterse a un triubnal conformado por 42 xuíces.

b) O Museo de O Cairo conta con 11 momias do antigo Exipto. 

c) No proceso de embalsamento o órgano que de rexeitaba era o fígado, 

d) Para amortaxar unha momia empregánbase sobre 500 metros de vendas,

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario