lunes, 5 de febrero de 2024

"A BOLSA OU A VIDA!!" 

(4º ESO)

O que aquí propoñemos é un TRABALLO PRÁCTICO para entender como funciona a bolsa e para comprender mellor o seu impacto na crise de 1929. Seguindo as pautas explicadas en clase trátase de facer un investimento, seguimento das accións e realizando un balance final de resultados.


Imaxe do interior de Bolsa de Madrid en plena actividade

      NORMATIVA

1.    Dispós de 15.000 euros para invertir

2.    Cada inversor debe presentar a cadrícula con todos os datos de compra, debidamente cumprimentados o xoves 15 de febreiro na sesión de Historia, cos datos de compra que figuren a esa hora, e seren colocadas acto seguido na tabuleiro de aula.

3.    Débense mercar un mínimo de 3 valores e un máximo de 5

4.   O seguimento diario debe efectuarse ás 11,20 horas nos ordenador da aula (con permiso do mestre). Acto seguido, anota o prezo da acción á esa hora na túa cadrícula do tabuleiro.

5.    Pódense vender e cambiar valores. Admítese un máximo de 3 cambios, os cales debes efectuar no momento no tabuleiro


A continuación, tal e como explicamos en clase, figura a plantiña orientativa que tes que desenvolver. Lembra: empezamos cumplimentando a plantiña cos datos o 15 de febreiro. Logo imos actualizando na plantiña ao día (11,20 horas). Remataremos o traballo o día 28 de febreiro. Logo completa os balances e escribe a valoración final (por que elexiches esos valores, cal foi o teu balance económico, de que tomaches conciencia co traballo...), para entregar logo o traballo ao día seguinte, ante de fins de febreiro







Aproveitamos tamén para deixarche aquí un pequeno vídeo de 8 minutos de duración para analizar a crise actual en clave de humor británico. Non o perdas. Pincha no icono de play abaixo


No hay comentarios:

Publicar un comentario