sábado, 16 de marzo de 2024


“COS PÉS NA TERRA”

Sexto entrada do blogue (e primeira da terceira avaliación) do blogue. Neste caso, de mans do programa da TVG "Cos pés na terra" viaxamos a moi preto, aquí, a Mos, onde imos coñecer a experiencia de Elia Lugilde coa agricultura e o mundo da horta.Un vído que poñemos en relación co tema de Xeografía do Sector Primario que estamos a dar na aula. Para ver o vídeo pincha no seguinte enlace:

COS PES NA TERRA: Sementando coñecemento



Logo de visionar o vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: COS PÉS NA TERRA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  venres 22 de marzo (en caso de non poder facelo ese día, por contratempo de última hora, deberás remitir durante ao longo dese venres por corre-e fotos que acrediten a actividade feita).

________________________

EXERCICIO Nº 1.- Desmostra que viches o vídeo con atención, contestando así ás seguintes preguntas:
1.  Que estudos completou a protagonista do vídeo (Elia Lugilde)  para adicarse do xeito que ves á agricultura?
2.  Que truco recomenda Elia Lugilde para poder dispor sempre de máis leitugas na horta?


3. 
As toupas son moitas veces un inimigo cos cultivos na horta. Que remedio natural emprega a protagonista para espantar as toupas, e como funciona ese remedio?
4.  Nunha parte do vídeo vémola preparando un fitosanitario natural para acabar coas pragas de pulgón na prantas. Explica a receita.
5.  Noutras partes do vídeo, con tres das suas alumnas, traballan nun bancal para crear unha cama natural, coas diferentes capas para prantar. Explica, por orde as diferentes capas que dispoñen (de máis profunda a máis superficial).




6.  Que dúas funcións compre a viruta de madeira que se coloca no bancal?
7.  Que tres prantas se dispoñen a cultivar nese bancal? 



EXERCICIO, Nº 2.- Pon en relación o vídeo con explicado na aula, contestando para iso a estas dúas cuestións:
1.  Estamos diante dun caso de agricultura intensiva ou extensiva? Xustifica a resposta en relación ao que viches.
2.  Como clasificarías o modelo de agricultura visto: de subsistencia ou de mercado? Xustifica a resposta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario