sábado, 16 de marzo de 2024

 O PROBLEMA DEMOGRÁFICO 

EN ESPAÑA


Nova entrada do blogue para o curso de 2º de ESO. Neste caso, está centrada no tema de demografía que estamos a traballar na aula. Para afondar nel, visiona este vídeo de televisión France24, emitido en 2021 e cunha duración de tan só 5 minutos. Para velo pincha no enlace que figura aquí abaixo:



O PROBLEMA DEMOGRÁFICO EN ESPAÑA


Como sempre, fainas na libreta, enmarcando nun recado o título “FORA DE CLASE: O PROBLEMA DEMOGRÁFICO EN ESPAÑA”. Logo colorea ese recadro na cor elexido por ti para o blogue. Despois, de de xeito ordeado, copia os enunciados e contestas sempre con parte deles. O modelo de presentación e corrección sera o xoves 21 de marzo. 


 

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente as seguintes cuestións sobre o vídeo:

1.  Cal é o principal problema demográfico de España que se manifesta no vídeo?

2. Apúntase que España é o país con fecundidade máis baixa de Europa. Cal é o número medio de fillos por parella en España? A que se debe esa baixa natalidade?

3.  Nun caso hipotético: e se pecharan fronteiras e non entrara nin saíra xente de España, canta poboación estaría perdendo España por ano?

4.   Segundo o vídeo: cal vai ser a consecuencia deste problema?

5.   Que medida se aposta na comunidade de Madrid para intentar poñerlle solución?

6. Que solución inmediata propoñen os expertos para evitar as consecuencias de noso problema demográfico?

 


ACTIVIDADE Nº 2:- Reflexiona e/ou investiga:


1.  Ademáis da aportada no vídeo: que outras consecuencias pensas ti poden traer este o problema para o gobernos e para o España a longo prazo? (propoñémosche falar disto cos teu pai e/ou nai, para reflexionar xuntos, e iso poderá axudarche a dar con conclusións sobre isto)

2. En cambio, países subdesenvolvidos do interior de África, non teñen este problema demográfico. A pregunta é: cal é o principal problema demográfico desos países pobres? 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario