domingo, 29 de octubre de 2023

"o nome da rosa"


Retrotraémonos a Idade Media de mans dun par de fragmentos da película "O nome da rosa", do director francés Jean-Jacques Annaud e protagonizada por Sean Connery. A película está baseada na novela do mesmo título, publicada nos anos 80 polo italiano Umberto Eco, e que se convertiu nun referente literario. Nela Guillermo de Basquerville (Sean Connery), e o seu pupilo Adso, chegan a una abadía onde se atopan cuns crimes aterradores que se suceden dentro desos muros, e que lle encargan investigar. Para velos pincha nos iconos de play.






Despois do visionado, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: O NOME DA ROSA"]. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o luns 6 de OUTUBRO. Ánimo...!!


ACTIVIDADE  Nº 1: Proba que estiveches atento.-

1.  En que lugar da abadía transcorren as escenas?

2.  Que labor realizan os monxes na primeira escena?

3.  O libro no que estaba a traballando o monxe morto: de que tipo era: histórico, bíblico, dramático, cómico ou sobre menciña?

4.  Que libro xenera a controversia entre Guillermo de Basquerville e o monxe Jorge, e quen era o seu autor? Cal era a posición de cada un ante ese libro?

5.  A biblioteca albergaba o único exemplar do polémico libro: de que argucia se servíu o monxe Jorge para facer que os demáis que accederan a ese libro pagaran un alto prezo? Cal era ese prezo?

6.  Que fai o propio Jorge, cando Guillermo de Basquerville descobre a existencia do libro?.


 

ACTIVIDADE  Nº 2: Aplica o traballado na aula.-

1.    Que estamento medieval é o protagonista desta película?

2.   Ademáis do labor visto: cal era a outra función desta orde no mundo do Medioevo?

3.    Que estamentos non aparecen nestas secuencias?

4.   Curiosidade: de que orde relixiosa era Guillermo de Basquerville?. Investigando sobre a orixe desa orde, deduce: a partir de que século podería encadrarse esta película?



No hay comentarios:

Publicar un comentario