viernes, 6 de octubre de 2023

AXENTES QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE

Segunda entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Aquí presentámosche tres curtos vídeos sobre o axente internos que modelan o relevo terrestre.


vídeo nº 1: "Lo imposible"

  


 

vídeo nº 2 




vídeo nº 3 



Logo de visionalos, rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: AXENTES INTERNOS QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE. Enmarca o título nun recadro e colorea ese recadro. Logo resolve as actividades que a continuación se prantexan. Para iso vaite copiando os enunciados, e respostando empregando na redación parte do enunciado. Para ser contabilizado o traballo, presenta estas actividades feitas o vindeiro xoves 19 de outubro, 

 

 



ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre os vídeos:

1. Cales dos axentes internos que modela o relevo terreste se amosa en cada vídeo?

2. O vídeo nº 1 fai referencia á película "Lo imposible", baseada en feitos reais. A pregunta é: onde estaba a familia cando os sorprende a chegada do tsunami?

3. Que elementos fai presaxiar aos protagonistas que algo extraño vai a acaecer desde o exterior?

4. O vídeo nº 2 amosa un tsunami real captado por un aficionado. Describe a escena. 

5, Que é o que causan os tsunamis?


ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga:

1. A película "Lo imposible": de que nacionalidade é? O feito real ao que se refire a película: cando e onde tivo lugar? Cando vítimas mortais ocasionou?

2. O tsunami do vídeo nº 2: onde e cando tivo lugar?

3. O volcán do vídeo nº 3: que nome recibe? Can e onde tivo lugar? (en que illa?). Canto tempo mantivo a súa actividade?



No hay comentarios:

Publicar un comentario