viernes, 6 de octubre de 2023

 

A BATALLA DO RÍO GUADALETE 


Segunda entrada do blogue neste curso. Nela traballamos o último tema abordado na aula: Al-Andalus. Para isto parámonos no capítulo de batalla do Ría Guadalete, na que os visigodos foron derrotados polos árabes, cando estos acaban de entrar na Península. Para iso presentamos esta vez un podcast, isto é un adio de radio narrado poolo locutor Juan Antonio Cebrián, na súa serie “Pasajes de la Historia”, dentro do programa radiofónico nocturno “La Rosa de los Vientos”. Para escoitalo pincha no enlace que figura abaixo. Podes baixalo e levalo ao teu teléfono ou reprodutor, para escoitalo con comodidade no sofá ou mesmo na cama, á vez que solucionas as actividades propostas.

 A BATALLA DO RÍO GUADALETE


Como sempre, fainas na libreta. Enmarca o título FORA DE CLASE: A BATALLA DO RÍO GUADALETE, e colorea o recadro. Logo copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de correción será o luns 16 de outubro.

 **************************

ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente as seguintes cuestións:

1.  O audio infórmanos que no ans 710 o reino visigodo estaba a vivir un fratricida guerra civil. A pregunta é: a que dúas faccións enfrontaba esa guerra e por que razón? 

2.   No ano 711 empezou o paso do estreito de Xibraltar por parte das tropas musulmanas. Ao seu mando estaba un lugartenente de Muza, de nome Tariq. Esas tropas foron pasando e acantonáronse nunha zona que é lembra hoxe polo nome que mantén por Tarik. Cal é esa localidade e municipio gaditano que mantén ese nome? (abaixo, na foto Don Rodrigo)


3. Cando se coñece que os árabes están entrando na Península: onde colle a nova a Don Rodrigo, rei dos visigodos? 
4.  En que provincia se librou a batalla do río Guadalete? Cantos soldados se calcula que que integraron o exército musulmán nesa batalla? E cantos integraban o exército visigodo? 

5.   Entre que datas transcurriu a batalla? Os visigodos empezaron mantendo a iniciativa na batalla pero logo virou: que factor resultou decisivo para que os visigodos perderan a batalla? 

6.   Cantas xente se calcula que morreu nela por parte árabe? E por parte visigoda?

7.   Despois da batalla nada se soubo de Don Rodrigo: que dúas teorías se baralla que pasou con el?

 

 

ACTIVIDADE Nº 2: Identifica os nomes que seguen en relación so que se di deles no audio:

a)  Florinda 

b)  Oppas e Sisberto 

c)  Viseu  

d)  Pelaio

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario