domingo, 29 de octubre de 2023

O MINISTERIO DO TEMPO:

CAMBIO DE TEMPO (cap. 13)


Terceira entrada do blogue no curso (e última desta 1ª avaliación). Nesta viaxamos no tempo a segundo metade do s. XVI con Felipe II e súa Armada Invencible. Facémolo de mans da serie de televisión “EL MINISTERIO DEL TIEMPO” emitido durante varias tempadas en TVE e con este capítulo no ano 2016. Un ministerio secreto, inquietante, que vela porque, pese a ter o poder de viaxar no tempo, a Historia de España non se altere. Pero nesta ocasión, creo que si se alterou... E moito. Que tería pasado se a Armada Invencible conquistara Inglaterra? Xogamos coa imaxinación arredor deste acontemento histórico.
Para iso visiona o seguinte capítulo que che propoñemos, baixo o nome de “Cambio de tiempo”. Para velo pincha no seguinte enlace (Duración: 1 hora e 15 minutos).

 

 O MINISTERIO DO TEMPO: CAMBIO DE TEMPO


Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": “O MINISTERIO DO TEMPO (“CAMBIO DE TEMPO”). Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres  10 de novembro. Ánimo!!...



ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 

Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1.  Cal é a nova que recibe Felipe II nada máis empezar o capítulo?

2.  Que solución toma Felipe II para dispoñer dunha segunda oportunidade para invadir Inglaterra?

3.  De que lle informa o director do Ministerio do Tempo a Felipe II sobre o rei que actualmente reina en España e como chegou ao trono esta nova dinastía?

4.   Unha vez no futuro Felipe II atópase coa oposición do director do Ministerio. Como se salda a disputa entre ambos?

5. Que ocorre ao final do capítulo coa Historia? Como logran voltar a manter a Historia inalterable do pasado, tal e como ocurriu?


 

ACTIVIDADE Nº 2: Curiosidades.- 

1.   Cal é o nº da porta polo que as tropas de Felipe II acceden a 2016?

2.  Que artiluxios do futuro a onde viaxan sorprenden a Felipe II?

3. Nunha secuencia, na Historia alterada: que dous equipos xogan o partido de fútbol?

4. E que iso de Amalia que sorpende a Irene nunha das escenas íntimas entre ambas? Que teme que suceda se se descobre o acaecido entre ambas mulleres?

5.    Enumera aspectos que cambiaron no presente desa España de 2016 baixo Felipe II.

 

A chamada "Armada Invencible" navegando polo Atlántico

ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións.- 

a)    Felipe II sorpréndese de que zona que domina o mundo presente sexan os norteamericanos.

b)    Noutra das secuencias o rei asiste a unha corrida de toros nas Ventas en Madrid.

c)    O rei Felipe II mesmo aparece en televisión para emitir discursos.

d)   Este novo Felipe II aparece xa con nova imaxe acorde ao tempos actuais, isto en traxe e garavata.


ACTIVIDADE Nº 4: Investiga.- 

1. Por que razón quería invadir Felipe II Inglaterra?

2. De onde partiu a Armada Invencible?

2. Cantos barcos se calcula que integraban esa flota?

3. En que consistía o proxecto e onde tña prevista desembarcar?


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario