jueves, 5 de octubre de 2023

 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO


Cartel da película
Partindo da teoría nunca probada de que a Terra era redonda, en 1492 unha expedición capitaneada por Cristóbal Colón ao servicio da Coroa de Castela, atravesa por primeira vez o Océano Atlántico co obxectivo de acadar as Indias navegando cara ao Oeste. O resultado foi o descubrimento de América. Acabado de traballar este tema en clase propoñemoche nesta entrada visionar unha película sobre este fito: "1492, A Conquista do Paraíso", película dirixida por Ridley Scott ("Gladiator", "Alien, o octavo pasaxeiro"), protogonizada por Gérard Depardieu ("Cyrano de Bergerac", "O home da máscara de ferro"), e música de Vangelis ("Carros de lume"). A película foi estreada en 1992 con motivo de do V centenario do descubrimento de América. Para vela pincha ano seguinte enlace:


Logo da vela realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres 20 de outubro.

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas coa película:
1. Cando Colón fala co fillo pequeno ao inicio da película tratando de argumentarlle que a Terra é redonda: que froita lle está amosando para exemplificalo?
2. En que cidade universitaria e en que ano recibe a Colón unha comisión de expertos para analizar o seu proxecto? Por que ve imposible esa comisión de expertos que se poida completar esa viaxe a través do océano? E segundo os cálculos de Colón: canto tempo debía durar a viaxe? 

Un fotograma da película
3. Como se guían durante a viaxe?. Que parelelo lle serve de ruta a Colón?
4. Canto tempo transcurrira da viaxe cando se produce un intento de motín para regresar? E que recompensa ofrece Colón para o primeiro que atope terra? 
5. Que foi o primeiro que fai Colón nada máis chegar a terra firme? Que nome lle da aquela primeira terra descuberta?  Que é o primeiro que fan os indios cando atopan aos españois no medio da selva? 
6. Canto tempo permeñece Colón en América naquel primeira viaxe? Por que razón regresa contrariado? 
7. Que se atopa nada máis chegar a Amética na segunda viaxe? Que diferentes posturas sobre como actuar ante isto se prantexan entonces entre Colón e o noble Mújica? 

8. Que argumentos lle esgrimen á raíña para destituir a Colón do seu cargo de gobernador das Indias? Para sustituilo a raíña, a quen desgina? 
9. Isabel déixalle facer unha nova viaxe a Colón pero, baixo que condicións? 
10. O fillo Fernando empeza a escribir a biografía do pai e pídelle que lle conte o primeiro que lle pasa pola mente. E que é o primeiro que se lle pasa a Colón? 


G. Depardieu
como Colón

ACTIVIDADE Nº 2.- Analíse das personaxes.-
1. Describe a relación que a película deixa entrever entre Colón de raíña Isabel "A Católica"
2. Colón e Mújica mostran dous xeitos de actuar en relación aos indios. Busca información sobre o trato que se lle deu aos indios trala conquista. Ese trato está en relación máis coas teses de Colón ou de Mújica vistas na película?





No hay comentarios:

Publicar un comentario